lunes, 26 de junio de 2017

DÍA DE DESPEDIDAS


Sorrisos e bágoas. 

O pasado venres 23 remataron as clases. Un día esperado, porque xa todos estabamos un pouco cansos de traballar tanto durante o curso. Pero tamén un día melancólico, xa que algúns de nós xa non voltaremos a pisar estas aulas.

Os rapaces e rapazas de 3º curso, e os seus profes, xuntáronse para merendar e agasalláronme cos seus bicos, co seu agarimo e cos seus mellores desexos. Moitos emocionámonos un pouco, pero a consigna foi: prohibido chorar! A vida continúa, e calquera día atopámonos.


Grazas, meus cativiños! Eu tamén vos quero, e levareivos sempre no meu corazón!

domingo, 25 de junio de 2017

AVALIÁMONOS XOGANDO EN GRUPO


Despois de ter traballado todo o curso, tocou avaliación. 

Por que non aproveitar o xogo para repasar e avaliar os contidos traballados?

Moi sinxelo: os rapaces de 6º curso xuntáronse por equipos arredor do ordenador, premeron neste enlace... e escribiron o número indicado para acceder á aplicación. A continuación, comezaron a xogar.

Ademais de repasar, pasaron un momento divertido. Daniela dicía: así facía exames todos os días!















martes, 20 de junio de 2017

FACEMOS EXPRESIÓN CORPORAL


Axudándonos dos instrumentos. 

Facer expresión corporal non é nada doado: todos temos a nosa dose de vergoña e de pudor, e empregar o noso corpo para expresarnos é coma contar todo sobre nós. Sen embargo, se temos un obxecto na man, a cousa pode cambiar. Mirade que ben o fixeron os nenos e nenas de 1º A empregando os instrumentos de pequena percusión. (Premede na imaxe para ver o vídeo).

A música tamén axudaba: forma parte da banda sonora que Ennio Morricone creou para unha preciosísima serie titulada Marco Polo.

lunes, 19 de junio de 2017

FRIANCIÑO, O SALVADOR


O conto musical creado polos nenos e nenas de 2º A. 

No post anterior presentabamos o conto creado polos compañeiros de 2º B. Hoxe toca o turno dos de 2º A, que idearon a historia na Aula de Música (a partir de sons da natureza) e a ilustraron coa axuda das súas familias. Por último, gravaron as voces que acompañan o vídeo. 




Parabéns, chicos!

lunes, 12 de junio de 2017

FRIANCIÑO NA ILLA CASTAÑEIRA



Un conto musical creado polo alumnado de 2º B.

Como xa ven sendo tradicional, os nenos e nenas de crearon durante o curso un conto a partir de sons da natureza. Aínda que xa levamos anos facendo esta actividade, a creatividade non ten límites, e resulta que nunca saen dous contos iguais.

Este que vedes aquí é o traballo do alumnado de 2º B. Despois de crear na aula a historia entre todos, as familias foron ilustrando as distintas escenas. Por último, os propios rapaces puxeron a voz. E aquí temos o noso vídeo.

Grazas a todos os participantes por contribuír a este traballo, realmente magnífico!

domingo, 11 de junio de 2017

RECREANDO UN AMBIENTE TRANQUILO


A partir da literatura e a música.

Nas últimas semanas, en 2º curso de Primaria, temos comezado unha nova unidade didáctica, baseada no libro Alicia no País das Marabillas. A historia, como todos sabedes, comeza á beira do río, onde Alicia se aburre mentras a súa irmá le un libro sen debuxos.



Albert Ketelbey. No xardín dun mosteiro. 

Comezamos, pois, a unidade, relaxándonos, primeiro, coa escoita da historia, logo coa música de Albert Ketelbey, e, por último, creando o noso propio ambiente sonoro, empregando unicamente os sons producidos pola nosa voz. Aquí tendes o traballo elaborado polo alumnado de 2º A.


Preme na imaxe para escoitala


O resultado é máis que satisfactorio. Non credes?


sábado, 10 de junio de 2017

O XARDÍN DAS DELICIAS


Unha delicia de paseo musical. 

Como xa comentaramos nun post anterior, en 6º curso de Primaria estivemos a aplicar os nosos coñecementos sobre a clasificación instrumental de Curt Sachs e Eric von Hombostel, así como as nosas competencias comunicativas. Os resultados foron variados. Sen embargo, non quero deixar de mostrar este traballo de Vega, Sabela, Ahiriana e Boby (6ºA).

Certamente, o cadro daba moitísimo de si, e requería un gran traballo de investigación. Nesta presentación móstrase ás claras o alto dominio que teñen das novas tecnoloxías (non en van son nativos dixitais) e a coherencia á hora de presentar a información recabada.


Parabéns, chicos!


lunes, 15 de mayo de 2017

COÑECEMOS A VIDA DE CAMILLE SAINT-SAËNS



Extraendo e organizando a información máis salientable. 

Este curso, en 5º de Primaria, temos traballado sobre a Danza Macabra, de Camille Saint - Saëns, obra coa que temos aprendido moito. Toca agora o turno de coñecer algo sobre o seu autor. Pero tamén queremos aprender con isto. Así que o procedemento será extraer información dunha biografía e completar o esquema proposto.

Aquí tendes o enlace á biografía.

E aquí o mapa mental que deberemos completar.

Bó traballo!

Imaxe: VON NADAR - Die berühmten Musiker Kunstverlag Lucien Mazenod, Genf 1946, Gemeinfrei. Camille Saint- Saëns portraithttps://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=10600434

sábado, 13 de mayo de 2017

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?


Dime, que froita é?

Chegou a primavera, e no fruteiro están a aparecer novas froitas de tempada. En Educación Infantil 3 anos aprendemos unha cantiga para adiviñar o nome das froitas, facéndoo coincidir coas semanas da froita que desenvolvemos no colexio dentro do Programa Aliméntate +. A canción é da autoría de Frianciño Jones. Como veredes, estes rapaces cántana moi ben.



miércoles, 10 de mayo de 2017

APRENDICES DE COMPOSITORES


Cun poema de Federico García Lorca.

En 6º curso de Primaria quixemos traballar a composición en relación co Día da Poesía. Así, escollimos o poema de Federico García Lorca titulado Santiago, e o escribimos rítmicamente. Esta é a transcrición da primeira copla.

Esta noche ha pasado Santiago
su camino de luz en el cielo.
Lo comentan los niños jugando
con el agua de un cauce sereno.

Logo, cada alumno tivo que crear unha melodía para o dito ritmo, cumprindo unha serie de requisitos:
      • aterse ó ritmo previamente escrito entre todos; 
      • empezar a composición polas notas DO, SOL ou MI; 
      • rematar por DO;
      • outra posibilidade sería comezar e rematar por LA. 

Unha vez creada, cada alumno debeu escribila en papel pautado. 

Algunhas das composicións creadas resultaron realmente interesantes. Así que, empregando a app iWriteMusic os rapaces transcribiron as súas creacións e exportaron o midi correspondente. Aquí as tendes, neste padlet, para analizalas e escoitalas.


Hecho con Padlet

martes, 2 de mayo de 2017

CANTIGA DOS MAIOS



Crear e xogar. 

Como cada curso, chegou o mes de maio, e en 5º e 6º cursos de Primaria creamos coplas para acompañar a festa do vindeiro día 20.

Tamén coma sempre, non existíu ningún tipo de censura, e os rapaces escribiron sobre os temas que quixeron. Neste enlace podedes ler a totalidade das coplas creadas.

E, coma todos os anos, a A.N.P.A. fixo unha selección das coplas creadas para aprender de cara á xuntanza. Estas son:


Seguindo o costume
do ano pasado, 
aquí vimos todos
a cantar o maio. 

Demos a benvida
ó maio con flores.
Bela é a vida,
con moitas cores.

Unha poesía,
unha cada ano:
xuntando os versos
cantamos o maio.

O noso proxecto
fala do circo.
Xogando cos nenos
nos divertimos.

Mirade o circo,
cheo de emocións!
Mirade que alegría,
sempre a mogollón!

O Donald Trump
vai facer un muro
pra que non inmigren,
e non dá un duro.

Aí ven o psiquiatra
pra coidar a Donald:
está moi tolo
por tirar bombas.

A cantar e a disfrutar da festa!

lunes, 1 de mayo de 2017

UNHA PULGA, UN RATO E UN ESCARAVELLO BRANCO




Conto musical. 

Na clase de Educación Infantil 5 anos traballaremos este conto para introducirnos, xogando, na escritura musical.

martes, 25 de abril de 2017

MÚSICA, ESCRITURA E ARTE




Ou distintos xeitos de expresar un mesmo sentimento.

En 5º curso de Primaria estivemos a traballar a Suite de Peer Gynt, de Edvard Grieg. Aproveitando o Día da Poesía quixemos vencellar os sentimentos expresados con imaxes e poemas. O resultado é este muro de Padlet que, en próximas sesións, presentarán ante os seus compañeiros. Porque, de sempre, todas as artes están conectadas (non en van as musas eran irmás, fillas de Zeus).

Hecho con Padlet

domingo, 16 de abril de 2017

O PAÍS DOS INSTRUMENTOS




A continuación de "O pandeiro roto". 

Para seguir afondando nas familias instrumentais, nas aulas de 4 anos traballaremos con este conto musical, continuación de O pandeiro roto, inspirado, como os anteriores, no de Huidobro e Velilla (Suena, suena). 

miércoles, 12 de abril de 2017

MÁIS CONTOS SONOROS



Na aula de 4 anos A.

Aquí temos os contos sonoros creados polos nenos e nenas de 4 anos A. Nesta ocasión, montados con Book Creator.







martes, 11 de abril de 2017

CREAMOS CONTOS SONOROS




Na Aula de 4 anos B. 

Despois de traballar o timbre cos instrumentos de pequena percusión, nas aulas de 4 anos decidimos crear as nosas propias historias. Aquí tendes as creadas polo alumnado da aula de 4 anos B.









lunes, 10 de abril de 2017

CANTANDO A FEDERICO


Para celebrar o Día da Poesía.

Este curso 2016 - 2017 celebramos o 80 aniversario da morte de Federico García Lorca, un dos máis grandes poetas das letras españolas e universais. Por este motivo, co gallo do Día da Poesía (21 de marzo) na clase de música quixemos lembralo cantando unha canción xa case tradicional pola súa popularidade: a Tarara, en realidade un dos numerosos poemas infantís que escribíu.

Tras traballala na aula, pedimos os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria que debuxaran á Tarara tal e como a imaxinaban.

Esta é unha escolma desas representacións.



Ademais, pedímoslles uns doces deberes: aprender a canción. E, realmente, foron doces, xa que saíron da clase tarareando a melodía. E na casa, ademais de estudiar, contaron ós irmáns o que aprenderan. Todo un éxito. Aquí tendes ós diferentes grupos cantando.



Froito deste entusiasmo e "intercambio xeracional" foi o descubrimento que nos fixo Bernal (5º de Primaria): "a Tarara é a última canción de Antonio Vega". Pois aquí a temos, para disfrutala todos.




Grazas, Bernal!


Imaxe: JUAN ANTONIO F. SEGAL.  Federico García Lorca Statue. Madrid. En FlikrCC BY

miércoles, 22 de marzo de 2017

ARTE E INSTRUMENTOS



Aprender investigando. 

En 6º curso de Primaria temos traballado sobre a Clasificación de instrumentos. Agora toca aplicar o aprendido, recabando información sobre os representados nesta selección pictórica.

O proceso a seguir será:

1. A cada un dos grupos da aula asignarémoslle unha das pinturas recollidas no taboleiro adxunto.

2. O traballo consistirá en:

       2.1. Analizar a obra:

      • Título
      • Autor
      • Época histórico - artística no que foi pintado
      • Museo onde está exposto
      • Descrición do cadro

       2.2. Análise dos instrumentos: 

      • Identificar o instrumento (ou instrumentos) presentes no cadro
      • Nome do instrumento
      • Tipoloxía segundo a clasificación de von Hombostel
      • Procedencia xeográfica
      • Procede dalgún outro instrumento anterior? Inflúe nalgún outro posterior?
      • Época de apoxeo
      • Existe algunha técnica interpretativa especial?
      • Instrumentistas famosos do dito instrumento

       2.3. Localizar na Internet algunha audición na que se escoite o instrumento traballado.

Aquí tes algúns enlaces que podes consultar para o teu traballo:









Seguro que prepararedes uns traballos estupendos!




Hecho con Padlet

domingo, 19 de marzo de 2017

O NENO E O MOUCHO




Un novo conto musical. 

Para traballar, na aula de 5 anos, a altura do son. Inspírase no creado por Huidobro e Velilla e recollido en Suena, suena 2

domingo, 12 de marzo de 2017

APRENDENDO SOBRE AS CALIDADES DO SON


Mentras facemos mapas mentais. 

En 5º curso de Primaria estamos a traballar sobre as calidades do son. Despois de falar de cada unha delas, e de experimentalas, toca recopilar. E nada mellor que elaborar os nosos propios mapas mentais.

Aquí tendes algunhas imaxes para ver o proceso seguido. Primeiro, traballo sobre papel, nos grupos de traballo cooperativo:





E logo, plasmación con ferramentas TIC. Este son os resultados dos traballos empregando Popplet Lite




Como algúns dos grupos eran tan creativos, decidiron cambiar as burbullas por imaxes. Así que empregamos Genial.ly, utilizando para iso os formatos presentación ou infografía: 








domingo, 5 de marzo de 2017

PASEANDO EN ZORRA


Coa música de Leopold Mozart.

En 3º curso de Primaria aproveitamos a audición de Paseo musical en zorra para traballar a lectura rítmica: negras, silencios de negra e pares de corcheas.

Coa audición soando como fondo, engadimos o son das claves (para imitar o chasquido do látego), os axóuxeres e os vasos de plástico (imitando os cascos dos cabalos).

Todos estaban atentísimos, como podedes comprobar no vídeo. Mágoa que o cámara tapara de cando en vez o micrófono!




miércoles, 1 de marzo de 2017

INSTRUMENTAMOS...


Unha peza de Alfonso X o Sabio. 

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 5º de Primaria estivo a traballar sobre a Idade Media. A nosa contribución dende a Aula de Música foi esta famosa peza do Rei Sabio (Sancta Maria, Strella do día), que aprenderon a tocar na frauta e, logo, instrumentaron. Para non ter ensaiado previamente, non quedou mal, non credes?





jueves, 16 de febrero de 2017

MAPA MUSICAL





Interactivo. 

Grazas ás aportacións semanais do noso compañeiro David, cada semana, en 2º B, estamos a recoñecer unha melodía famosa. Así, situamos no mapa o país de orixe do compositor, aprendemos algo sobre el e escoitamos unha peza. Ata o intre, como veredes, temos coñecido a Vivaldi (coa Primavera) e a Mozart (coa Marcha Turca). 

martes, 14 de febrero de 2017

INSTRUMENTOS AFRICANOS


Un mundo por descubrir.

A riqueza musical e lingüística de África é inmensa. A música actual débelle moitísimo a tradición africana. Por iso, neste post imos coñecer máis de cerca catro instrumentos: a sanza, o djembé, o balafón e a kora.

A sanza, dependendo do idioma, recibe un sinfín de nomes: sanza, kalimba, mbira, etc. Consiste nunha caixa de resoancia sobre a que se colocan unhas láminas flexibles de madeira ou metal, sostidas sobre unha ponte.



O djembé procede da zona oriental de África (Mali, Guinea, Senegal, Costa de Marfil e Burkina Faso), onde se ubicaba o imperio Mandinga (un grupo étnico moi potente). Coma no caso da sanza, dependendo do país e do grupo humano, recibe diversos nomes, aínda que o máis extendido é o francés djembé, por ser Francia a principal potencia colonial nesta zona de África.

Neste vídeo podes escoitar unha magnífica interpretación nun djembé moderno. 




O balafón tamén procede da zona occidental de África. Consiste nunhas placas afinadas de madeira colocadas sobre unha caixa de resoancia formada por cabazas, percutidas por mazos acolchados.  Os grupos humanos de Mali, Burkina Faso e Costa de Marfil vencelladas co balafón foron declaradas Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO. 

O balafón é o instrumento a partir do cal evolucionou a marimba americana. 



Coma os anteriores instrumentos presentados, a kora procede da zona occidental de África. En concreto, trátase dun instrumento moi vencellado á tradición oral, xa que os griots (os narradores) eran os encargados de transmitir o xeito de tocalo na tribo mandinga. 

Trátase dun instrumento de corda que emprega como caixa de resoancia media cabaza cuberta con coiro. As cordas tócanse unicamente cos dedos polegar e índice. 



Esperemos que estes pequenos apuntes sirvan tan só para engancharnos co fascinante mundo da música africana.

lunes, 13 de febrero de 2017

QUE SENTES?



Expresa o sentimento que che provoca cada unha destas pezas musicais.

En 5º curso de Primaria estivemos a traballar Na caverna do rei da montaña, de Edvard Grieg. Esta peza forma parte da Suite de Peer Gynt, composta polo autor como música incidental para a obra teatral do mesmo título, escrita por Henrik Ibsen.

Unha suite é unha composición musical composta por un conxunto de pezas de diverso carácter.

A continuación presentamos os vídeos correspondentes ós diferentes movementos da suite, para que os escoites e expreses os sentimentos que che provocan.

La mañana



A morte de Aase



A danza de Anitra



O lamento de Ingrid



Danza árabe



O regreso



A canción de Solveig


lunes, 6 de febrero de 2017

CREANDO MUSICOGRAMAS...





... para unha audición. 

En 5º de Primaria estivemos a traballar sobre Na caverna do rei da montaña. Recoñecimos os distintos instrumentos que interveñen. Agora sería interesante traballar sobre a forma musical.

O Musicograma é un debuxo ou gráfico que axuda a comprender a música, a mirala e escoitala dunha forma activa.

Mentras escoitas a audición, fíxate neste xeito de representar a música. Logo inventa o teu.

Preme na imaxe anterior para obter máis información