En 6º curso de Primaria quixemos traballar a composición en relación co Día da Poesía. Así, escollimos o poema de Federico García Lorca titulado Santiago, e o escribimos rítmicamente. Esta é a transcrición da primeira copla.
Esta noche ha pasado Santiago
su camino de luz en el cielo.
Lo comentan los niños jugando
con el agua de un cauce sereno.
Logo, cada alumno tivo que crear unha melodía para o dito ritmo, cumprindo unha serie de requisitos:
- aterse ó ritmo previamente escrito entre todos;
- empezar a composición polas notas DO, SOL ou MI;
- rematar por DO;
- outra posibilidade sería comezar e rematar por LA.
Unha vez creada, cada alumno debeu escribila en papel pautado.
Algunhas das composicións creadas resultaron realmente interesantes. Así que, empregando a app iWriteMusic os rapaces transcribiron as súas creacións e exportaron o midi correspondente. Aquí as tendes, neste padlet, para analizalas e escoitalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario