viernes, 4 de noviembre de 2011

O LAGO DOS CISNES


Nesta ocasión, sobre xeo. 

O Imperial Ice Stars trae estes días a Vigo o ballet de Piotr Tchaikovsky O Lago dos Cisnes. A mistura de música, escenografía e efectos resulta espectacular.

Neste ballet, o compositor conqueriu combiñar intres de gran dramatismo con outros dun lirismo exquisito; atmósferas etéreas e brumosas con desenfadas danzas. Á música haille que sumar unha coidada escenografía, un vestuario brilante e un dominio consumado dos patíns. E así, chegamos ó resultado: un espectáculo magnífico, no que o único que molesta (de cando en vez) é o chirrido das cuchillas ó se desprazaren polo xeo.

Déixovos aquí co trailer de promoción do espectáculo. Non é como vivilo en directo, pero podemos facernos unha idea.




Coñece o argumento deste ballet neste enlace.

Coñece a vida de Tchaikovsky a través desta sinxela biografía.