martes, 24 de mayo de 2016

CONCEPTOS MUSICAIS



Aprendendo a definilos. 

A metodoloxía que seguimos na clase de Música é vivenciar os conceptos, comprendelos, e, posteriormente, pasar a definilos. O seguinte esquema permítenos crear definicións dun xeito sinxelo.



Usando este esquema, antigos compañeiros de 6º curso de Primaria crearon as seguintes definicións;

PENTAGRAMA

Un pentagrama é un conxunto de cinco liñas e catro espazos. As liñas son rectas, horizontais, paralelas e equidistantes entre elas. No pentagrama escríbense notas musicais. 

CHAVE DE SOL

A chave de sol é un simbolo que se coloca ao principio do pentagrama e indica onde se coloca a nota SOL (segunda liña). 

LIÑA DIVISORIA

As liñas divisorias son unhas liñas verticais que atravesan o pentagrama, dividindo os compases

DOBRE BARRA

dobre barra son dúas liñas verticais que se colocan ó final da partitura e indican que esta rematou. Tamén se utiliza acompañando ós puntos de repitición.

PUNTOS DE REPITICIÓN

Os puntos de repitición son dous puntos que se colocan enriba e debaixo da terceira liña acompañados dunha dobre barra. Indican que hai que repitir un fragmento. Se os puntos están antes da dobre barra, repìtiremos o fragmento anterior, e se están despois da dobre barra, repitiremos o fragmento posterior.

COMPÁS

Existen dúas acepcións da palabra compás

                 1. É o espazo que queda entre dúas liñas divisorias. 

                 2. É un número cunha figura debaixo que se coloca ó principio da partitura (despois da clave de sol) e nos indica cantos pulsos completan un compás.

Seguro que agora es quen de identificar cada un dos conceptos na imaxe da partitura que ilustra este post!

lunes, 16 de mayo de 2016

AS FIGURAS MUSICAIS

Explicadas polo alumnado de 2º B.

Aproveitando que no noso PDI a xeometría ten unha gran relevancia, o alumnado de 2º B explícanos, neste vídeo, os conceptos que teñen aprendido en relación ás figuras musicais.

viernes, 6 de mayo de 2016

EXPLICAMOS A DANZA DOS MAIOS...



... empregando figuras xeométricas!

Os nenos e nenas de 1º A explican o musicograma da nosa danza dos maios. Como veredes, as formas xeométricas que levamos estudiando todo o curso están moi presentes.