martes, 25 de abril de 2017

MÚSICA, ESCRITURA E ARTE




Ou distintos xeitos de expresar un mesmo sentimento.

En 5º curso de Primaria estivemos a traballar a Suite de Peer Gynt, de Edvard Grieg. Aproveitando o Día da Poesía quixemos vencellar os sentimentos expresados con imaxes e poemas. O resultado é este muro de Padlet que, en próximas sesións, presentarán ante os seus compañeiros. Porque, de sempre, todas as artes están conectadas (non en van as musas eran irmás, fillas de Zeus).

Hecho con Padlet

domingo, 16 de abril de 2017

O PAÍS DOS INSTRUMENTOS




A continuación de "O pandeiro roto". 

Para seguir afondando nas familias instrumentais, nas aulas de 4 anos traballaremos con este conto musical, continuación de O pandeiro roto, inspirado, como os anteriores, no de Huidobro e Velilla (Suena, suena). 

miércoles, 12 de abril de 2017

MÁIS CONTOS SONOROS



Na aula de 4 anos A.

Aquí temos os contos sonoros creados polos nenos e nenas de 4 anos A. Nesta ocasión, montados con Book Creator.







martes, 11 de abril de 2017

CREAMOS CONTOS SONOROS




Na Aula de 4 anos B. 

Despois de traballar o timbre cos instrumentos de pequena percusión, nas aulas de 4 anos decidimos crear as nosas propias historias. Aquí tendes as creadas polo alumnado da aula de 4 anos B.









lunes, 10 de abril de 2017

CANTANDO A FEDERICO


Para celebrar o Día da Poesía.

Este curso 2016 - 2017 celebramos o 80 aniversario da morte de Federico García Lorca, un dos máis grandes poetas das letras españolas e universais. Por este motivo, co gallo do Día da Poesía (21 de marzo) na clase de música quixemos lembralo cantando unha canción xa case tradicional pola súa popularidade: a Tarara, en realidade un dos numerosos poemas infantís que escribíu.

Tras traballala na aula, pedimos os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria que debuxaran á Tarara tal e como a imaxinaban.

Esta é unha escolma desas representacións.



Ademais, pedímoslles uns doces deberes: aprender a canción. E, realmente, foron doces, xa que saíron da clase tarareando a melodía. E na casa, ademais de estudiar, contaron ós irmáns o que aprenderan. Todo un éxito. Aquí tendes ós diferentes grupos cantando.



Froito deste entusiasmo e "intercambio xeracional" foi o descubrimento que nos fixo Bernal (5º de Primaria): "a Tarara é a última canción de Antonio Vega". Pois aquí a temos, para disfrutala todos.




Grazas, Bernal!


Imaxe: JUAN ANTONIO F. SEGAL.  Federico García Lorca Statue. Madrid. En FlikrCC BY