miércoles, 22 de marzo de 2017

ARTE E INSTRUMENTOS



Aprender investigando. 

En 6º curso de Primaria temos traballado sobre a Clasificación de instrumentos. Agora toca aplicar o aprendido, recabando información sobre os representados nesta selección pictórica.

O proceso a seguir será:

1. A cada un dos grupos da aula asignarémoslle unha das pinturas recollidas no taboleiro adxunto.

2. O traballo consistirá en:

       2.1. Analizar a obra:

      • Título
      • Autor
      • Época histórico - artística no que foi pintado
      • Museo onde está exposto
      • Descrición do cadro

       2.2. Análise dos instrumentos: 

      • Identificar o instrumento (ou instrumentos) presentes no cadro
      • Nome do instrumento
      • Tipoloxía segundo a clasificación de von Hombostel
      • Procedencia xeográfica
      • Procede dalgún outro instrumento anterior? Inflúe nalgún outro posterior?
      • Época de apoxeo
      • Existe algunha técnica interpretativa especial?
      • Instrumentistas famosos do dito instrumento

       2.3. Localizar na Internet algunha audición na que se escoite o instrumento traballado.

Aquí tes algúns enlaces que podes consultar para o teu traballo:









Seguro que prepararedes uns traballos estupendos!




Hecho con Padlet

domingo, 19 de marzo de 2017

O NENO E O MOUCHO




Un novo conto musical. 

Para traballar, na aula de 5 anos, a altura do son. Inspírase no creado por Huidobro e Velilla e recollido en Suena, suena 2

domingo, 12 de marzo de 2017

APRENDENDO SOBRE AS CALIDADES DO SON


Mentras facemos mapas mentais. 

En 5º curso de Primaria estamos a traballar sobre as calidades do son. Despois de falar de cada unha delas, e de experimentalas, toca recopilar. E nada mellor que elaborar os nosos propios mapas mentais.

Aquí tendes algunhas imaxes para ver o proceso seguido. Primeiro, traballo sobre papel, nos grupos de traballo cooperativo:





E logo, plasmación con ferramentas TIC. Este son os resultados dos traballos empregando Popplet Lite




Como algúns dos grupos eran tan creativos, decidiron cambiar as burbullas por imaxes. Así que empregamos Genial.ly, utilizando para iso os formatos presentación ou infografía: 








domingo, 5 de marzo de 2017

PASEANDO EN ZORRA


Coa música de Leopold Mozart.

En 3º curso de Primaria aproveitamos a audición de Paseo musical en zorra para traballar a lectura rítmica: negras, silencios de negra e pares de corcheas.

Coa audición soando como fondo, engadimos o son das claves (para imitar o chasquido do látego), os axóuxeres e os vasos de plástico (imitando os cascos dos cabalos).

Todos estaban atentísimos, como podedes comprobar no vídeo. Mágoa que o cámara tapara de cando en vez o micrófono!




miércoles, 1 de marzo de 2017

INSTRUMENTAMOS...


Unha peza de Alfonso X o Sabio. 

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 5º de Primaria estivo a traballar sobre a Idade Media. A nosa contribución dende a Aula de Música foi esta famosa peza do Rei Sabio (Sancta Maria, Strella do día), que aprenderon a tocar na frauta e, logo, instrumentaron. Para non ter ensaiado previamente, non quedou mal, non credes?