Aprender investigando.
En 6º curso de Primaria temos traballado sobre a Clasificación de instrumentos. Agora toca aplicar o aprendido, recabando información sobre os representados nesta selección pictórica.
O proceso a seguir será:
1. A cada un dos grupos da aula asignarémoslle unha das pinturas recollidas no taboleiro adxunto.
2. O traballo consistirá en:
2.1. Analizar a obra:
- Título
- Autor
- Época histórico - artística no que foi pintado
- Museo onde está exposto
- Descrición do cadro
2.2. Análise dos instrumentos:
- Identificar o instrumento (ou instrumentos) presentes no cadro
- Nome do instrumento
- Tipoloxía segundo a clasificación de von Hombostel
- Procedencia xeográfica
- Procede dalgún outro instrumento anterior? Inflúe nalgún outro posterior?
- Época de apoxeo
- Existe algunha técnica interpretativa especial?
- Instrumentistas famosos do dito instrumento
2.3. Localizar na Internet algunha audición na que se escoite o instrumento traballado.
Aquí tes algúns enlaces que podes consultar para o teu traballo:
Aquí tes algúns enlaces que podes consultar para o teu traballo:
Seguro que prepararedes uns traballos estupendos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario