sábado, 27 de febrero de 2016

DANZA E XEOMETRÍA



Co alumnado de 5 anos.

Como todos os anos, na clase de Música facemos un montón de danzas. Pero como o PDI deste curso vai sobre as matemáticas e a xeometría, aproveitamos a Danza do Caranguexo para traballar o musicograma da peza a partir da distribución dos bailarines: o círculo.

Os rapaces e rapazas de 5 anos B explícannos todo.



Imaxe: By Sican123 (Own work). CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

domingo, 21 de febrero de 2016

CONTANDO O CONCERTO



En 2º A.

Os nenos e nenas de 2º A, como fan en cada saída, tamén fixeron un pequeno resumo onde explicaron en que consistíu o concerto da semana pasada. Aquí temos o seu comentario:



Grazas, chicos! E profe!

miércoles, 17 de febrero de 2016

MÚSICA NUNHA MALETA



Concerto didáctico dos Moussakis.

Esta mañá o alumnado de 2º e 3º de Primaria acudíu ó Auditorio do Concello para presenciar este concerto ofrecido pola Fundación La Caixa, a cargo de seis musicazos procedentes, na súa maior parte, da Península Balcánica: os Moussakis. Este grupo, cuio nome procede dun saboroso prato típico da meirande parte dos países que constitúen a Península balcánica (a mousaka) ofreceu un espectáculo con maiúsculas, no que se mesturaban a música, a dramatización, a imaxe, a luz...

O concerto servíu para coñecer outros países, valorar a súa cultura, palmear ritmos moi diferentes ós nosos, cantar, achegarnos a instrumentos extraños a nós e disfrutar da mestura cos propios do noso universo musical.

Así, escoitamos pezas en sefardí (unha lingua moi parecida ó castelán, falada polos descendentes dos xudeos que, alá polo século XV, tiveron que abandonar a Península Ibérica), e aprendimos a contar en serbio-croata antigo.

O comportamento da rapazada foi exquisito. Daba gloria ver o atentos que estaban algúns deles, que non perdían detalle.

Como non estaba permitido sacar fotos ó espectáculo, deixámosvos cun vídeo deste grupo que temos atopado en internet. Comprobaredes que ben mereceu a pena.



A visita quedou documentada coas fotos do alumnado nas butacas, e un pequeno respiro que nos deu o tempo para xogar no parque infantil do Concello. 


viernes, 12 de febrero de 2016

ESCOITANDO A MOZART



Cun pouco de humor.

O pasado 27 de xaneiro celebramos o 260 aniversario do nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart, e o vindeiro 5 de decembro conmemoraremos o 225 aniversario do seu pasamento. Pero, aínda sen celebración, sempre é bo intre para escoitar a magnífica música que nos deixou en herdanza.

Grazas á miña amiga Ana descubrín esta versión do Rondó alla turca (máis coñecido por nós como Marcha turca). Aínda que é unha peza para piano, os creadores deste vídeo preséntannos algúns instrumentos da orquestra: o violín, a trompeta, a frauta traveseira, a trompa e a caixa. E todo, aderezado cun pouco de humor.

Un vídeo para disfrutar, para aprender e para cultivar o noso intelecto.



Grazas, Ana!

Imaxe: Anonymous, possibly by Pietro Antonio Lorenzoni (1721-1782); Portrait owned by the Mozarteum, Salzburg, Public Domain. En Wikimedia Commons.

ACOMPAÑANDO O ENTROIDO CON MÚSICA



Esta foi a nosa canción do Entroido. 

De oca a oca, de oca a oca, 
e tiro porque me toca. 
De oca a oca, de oca a oca, 
e tiro porque me toca.

Entre liñas anda o xogo no cole Frian, 
en ringleiros, os meniños disfrazados van, 
percorrendo cos seus cantos o barrio de Teis, 
espallando a ledicia. É que non o ves?

Música: Eduardo Rodrigo - Teresa Rabal