lunes, 10 de abril de 2017

CANTANDO A FEDERICO


Para celebrar o Día da Poesía.

Este curso 2016 - 2017 celebramos o 80 aniversario da morte de Federico García Lorca, un dos máis grandes poetas das letras españolas e universais. Por este motivo, co gallo do Día da Poesía (21 de marzo) na clase de música quixemos lembralo cantando unha canción xa case tradicional pola súa popularidade: a Tarara, en realidade un dos numerosos poemas infantís que escribíu.

Tras traballala na aula, pedimos os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria que debuxaran á Tarara tal e como a imaxinaban.

Esta é unha escolma desas representacións.



Ademais, pedímoslles uns doces deberes: aprender a canción. E, realmente, foron doces, xa que saíron da clase tarareando a melodía. E na casa, ademais de estudiar, contaron ós irmáns o que aprenderan. Todo un éxito. Aquí tendes ós diferentes grupos cantando.



Froito deste entusiasmo e "intercambio xeracional" foi o descubrimento que nos fixo Bernal (5º de Primaria): "a Tarara é a última canción de Antonio Vega". Pois aquí a temos, para disfrutala todos.




Grazas, Bernal!


Imaxe: JUAN ANTONIO F. SEGAL.  Federico García Lorca Statue. Madrid. En FlikrCC BY

No hay comentarios: