lunes, 24 de enero de 2011

QUENTANDO MOTORES PARA O DÍA DA PAZ


O Día da Paz está xa moi cerca. Sabedes xa as cancións?

Por si aínda hai algún despistado que non sabe os xestos, aquí tendes a algúns dos vosos compañeiros, cantando e xesticulando. 

Xa non tendes excusa!







jueves, 20 de enero de 2011

MÚSICA TRADICIONAL CON XISTRA



Os nenos e nenas do Segundo Ciclo de Primaria estivemos hoxe no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, nun fantástico concerto dos Gaiteiros da Xistra.

Ademais de pasalo moi ben, e de ter a sorpresa de atopar vellos amigos, aprendimos moitísimo.

O concerto titulábase Como tocamos?, e o obxectivo do mesmo era aprendernos os tipos de formacións que podemos atopar na música tradicional galega.

Así, descubrimos que, en Galicia, a música pódese facer de calqueira xeito. Unha soa persoa bástase: este é o caso dos copleiros, que ían cantando romances, acompañados dun instrumento de corda (xeralmente, un violín ou unha zanfona).

Con dous intérpretes podemos cantar unha regueifa, unha "batalla verbal" na que se trata de pasar un bo rato e medir as dotes improvisatorias dos contendentes.

As pandereteiras ou cantadeiras só necesitan a súa voz e unhas pandeiretas para facer unha agrupación. Tamén poden incorporar pandeiros ou instrumentos domésticos (como a botella de anís ou a lata de pimentón).

Pero cando se trata de festas (e en Galicia hai moitas) o máis típico son os cuartetos. O máis usual, o formado por dúas gaitas, un tamboril e un bombo. Aínda que unha das gaitas pódese cambiar por unha requinta ou un requinto.

Por último, a murga mantén tres dos instrumentos do cuarteto: unha gaita, un bombo (que, neste caso, incorpora pratillos) e unha caixa (un tambor máis estreito e con bordóns). Pódenselle engadir clarinetes, requintos, saxofóns, etc.

E agora, vos deixamos con algunhas imaxes do concerto. Xa podedes imaxinar o ben que o pasamos!




martes, 11 de enero de 2011

FINOU MARÍA ELENA WALSH


Esta sobremesa, agachada entre as liñas do periódico, atopei a nova da morte de Mª Elena Walsh.

Mª Elena Walsh, de nacionalidade arxentina, foi unha escritora e música que adicou a súa obra, maioritariamente, ó público infantil. 

Aínda sen sabelo, Mª Elena Walsh tamén formou parte do meu universo infantil, e, logo, da miña vida profesional: aquelas fermosísimas cancións cantadas por Rosa León nos meus primeiros anos, das cales a miña favorita foi sempre El brujito de Gulubú (Canción de la vacuna); Manuelita la tortuga acompañoume no meu exame de oposicións; La Vaca Estudiosa, Perro Salchicha ou El Reino del Revés constituíron grandes éxitos entre o alumnado nos meus primeiros anos de docencia.

Déixovos este vídeo da miña canción favorita, cantada por Rosa León, que forma parte dun programa tamén emblemático na nosa infancia: "1, 2, 3... responda otra vez".




E aquí, unha colección de cancións de Mª Elena Walsh con estupendas animacións. Só espero que disfrutedes con elas tanto como teño disfrutado eu.




domingo, 9 de enero de 2011

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ


No noso cole, este curso, imos comenzar a traballar o Proxecto Documental Integrado titulado Un bosque para ler e navegar

Non queremos que os grandes acontecementos escolares sexan alleos a este proxecto. Por iso, o Día da Paz deste curso vai ir encamiñado á defensa dos nosos Bosques, e do Medio Ambiente. Porque o bosque non é noso; é tan só un empréstito dos nosos fillos.

Mirade máis aló!






martes, 4 de enero de 2011

OS SONS DE ÁFRICA

Os alumnos de 5º curso de Primaria investigaron sobre algúns instrumentos africáns.

A partir da Caza do Tesouro proposta dende a Aula, elaboraron estas presentacións. O que non cabe dúbida é de que sons uns mestres coas Novas Tecnoloxías.



UNHA CARTA DENDE ÁFRICA


No 5º curso de Primaria estamos achegándonos á música africana.

Para entender a música deste máxico continente é importante coñecer algo sobre el. Por iso, despois de investigar a partir da Caza do Tesouro plantexada, aquí tendes os resultados da súa investigación: unhas magníficas cartas que parecen que foran redactadas, mesmamente, durante unha exótica viaxe.