http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
Esta é a riqueza da Música: mellorar e sublimar unha obra que xa nos parecía perfecta.
Nun post anterior propuxemos a escoita de Swing Low interpretada por Marion Williams. Nesta ocasión, presentámosvos un montón de versións da mesma peza. Como veredes, grazas ás habilidades e estilos dos diferentes músicos, unha canción que, nos seus inicios, debeu transmitir toda a tristura e a carga da escravitude pode chegar a se converter nun estoupido de xúbilo se está cantado por un coro de gospel.
Facémosvos unha proposta dobre:
- Escoitar con atención, ata o final, cada unha das versións que vos propomos.
- Facer un comentario sobre o que tendes escoitado, indicando cal foi a versión que máis vos gustou e por que.
Comenzamos, pois, con Dolly Parton, unha cantante dos anos 60 que foi considerada a raíña da música country:
Etta James nos canta Swing Low dun xeito máis próximo ó gospel.
O famoso guitarrista Eric Clapton, entusiasta do blues e alcumado Man Lenta cantou tamén Swing Low:
Voltamos ós anos 60. O icono da canción protesta, Joan Baez, tamén versionou esta peza:
Un respiro de aire fresco. O famoso grupo sudafricano Ladysmith Black Mambazo, caracterizado pola polifonía masculina, nos presenta unha versión que nos traslada ás selvas do continente africán:
A Familia Kelly interpreta a canción nun multitudinario festival no que o público é parte do espectáculo:
Unha cantante tan actual coma Beyoncé tamén ten Swing Low entre o seu repertorio:
E pode ser unha preciosa peza para unha gala lírica, como fai nesta ocasión a famosa cantante de ópera estadounidense Katleen Battle.
Pero, quizais, os máis deportistas prefiran o Himno da Copa Mundial de Rugby que se celebrou en Inglaterra en 2003.
Cal é, pois, a túa preferida?