jueves, 19 de enero de 2017

BAILANDO A CANCIÓN DA PAZ



Acompañade a nosa canción con xestos!

Para axudarnos a practicala, estes compañeiros de 4º A teñen bailado connosco. Ahiriana gravou o vídeo. 

martes, 17 de enero de 2017

POR QUE NON SER AMIGOS?




Unha canción de Hombres G para celebrar o Día da Paz. 

Recuperamos este antiguo tema dos Hombres G, grupo xurdido nos gloriosos 80, para celebrar o Día da Paz

Neste enlace podes consultar a letra. 

domingo, 15 de enero de 2017

A RIANXEIRA



Música tradicional ou composta...?

Fíxate ben neste vídeo e estate moi atento. Haberá sorpresas que che farán pensar...!

lunes, 9 de enero de 2017

A INCRIBLE CLASE DE MÚSICA




Un conto musical para o alumnado de 5 anos. 

É unha adaptación do creado por Huidobro e Velilla, e recollido no libro Suena, suena - 2. Algúns dos sons empregados teñen sido descargados do Banco de Imaxes e Sons do INTEF. Con el traballaremos o timbre dos instrumentos de percusión. 

domingo, 8 de enero de 2017

ANASTASIO E A GRANXA




Conto musical para o alumnado de 4 anos. 

Vídeo realizado a partir do conto escrito por Huidobro e Velilla e recollido no libro Suena, suena 1.

lunes, 2 de enero de 2017

APRENDENDO SOBRE VIVALDI


Con actividades ALFIN. 

Tamén dende a Aula de Música podemos traballar as competencias ALFIN. E iso é o que temos feito co alumnado de 4º A durante o primeiro trimestre.

O punto de partida foi a música, como non. Neste caso, a audición dos tres movementos do Outono. Logo, o proceso foi o seguinte:

1. Entre unha serie de documentos da Biblioteca, diferenciamos os textos informativos dos textos de ficción.







2. Unha vez seleccionados os textos informativos, coa axuda dunha ficha, completamos os datos bibliográficos e tomamos nota dos aspectos relevantes da vida de Antonio Vivaldi. Un dos grupos tamén traballou coa información recabada nesta páxina web:










3. Cando cada grupo completou a súa tarefa, entre todos, construímos unha sinxela biografía á que intentamos dar coherencia. Para iso empregamos a pizarra dixital, para que todos poideramos ver e opinar. 

4. Por último, quixemos aproveitar a actividade para mellorar a nosa competencia dixital. En colaboración con Luz, a titora de 4º A, os rapaces corrixiron o texto creado e o ilustraron empregando imaxes libres de dereitos. 



E aquí vos deixamos como mostra algúns dos traballos elaborados.