domingo, 31 de enero de 2016

MÚSICA PARA A TOLERANCIA



Cos profes da Escola de Música.

O pasado mércores, o alumnado de 4º de Primaria e 5º B acudimos ó Auditorio do Concello para participar nun concerto didáctico organizado polo profesorado da Escola Municipal de Música. Co título Música para a tolerancia, fóronnos presentando pezas correspondentes ó legado musical de tres culturas que, ó longo da historia, víronse obrigadas a migrar: os xudeos, os afroamericanos e os xitanos.

Aprendimos cousas ben interesantes, participamos e disfrutamos moitísimo co concerto. Ademais, o noso comportamento foi exquisito.

Para rematar, deixámosvos cunhas cantas imaxes.

jueves, 14 de enero de 2016

NO MEDIO DA TORMENTA...


... saíu o arco da vella!

No medio da tormeta, o pasado martes poidemos ver, dende a Aula de Música, un precioso arco da vella dobre. E contámovolo porque acaía moi ben co que estabamos a facer: aprender o retrouso da canción para o Día da paz que temos elixido para este curso.

Se a escoitades con atención daríadesvos conta de que poderíamos resumir o seu tema cun refrán: pór ó mal tempo boa cara. E o tempo... fíxonos esta chiscadela. Casualidades da vida!