Tamén dende a Aula de Música podemos traballar as competencias ALFIN. E iso é o que temos feito co alumnado de 4º A durante o primeiro trimestre.
O punto de partida foi a música, como non. Neste caso, a audición dos tres movementos do Outono. Logo, o proceso foi o seguinte:
1. Entre unha serie de documentos da Biblioteca, diferenciamos os textos informativos dos textos de ficción.
2. Unha vez seleccionados os textos informativos, coa axuda dunha ficha, completamos os datos bibliográficos e tomamos nota dos aspectos relevantes da vida de Antonio Vivaldi. Un dos grupos tamén traballou coa información recabada nesta páxina web:
3. Cando cada grupo completou a súa tarefa, entre todos, construímos unha sinxela biografía á que intentamos dar coherencia. Para iso empregamos a pizarra dixital, para que todos poideramos ver e opinar.
4. Por último, quixemos aproveitar a actividade para mellorar a nosa competencia dixital. En colaboración con Luz, a titora de 4º A, os rapaces corrixiron o texto creado e o ilustraron empregando imaxes libres de dereitos.
E aquí vos deixamos como mostra algúns dos traballos elaborados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario