Durante o primeiro trimestre, en 5º curso de Primaria estivemos a traballar as calidades do son. A dinámica, que mellora a expresividade dunha obra musical, emprega como estratexia os cambios de intensidade.
Para traballar esta decidimos facelo recitando dous poemas relacionados coa estación do ano que estabamos a vivir: o Outono.
En 5º A eliximos este poema do que descoñecemos o autor:
Nas noites de outono anda o vento ás ceibas.
Acochádevos todos. Zoa a carballeira!
As pobres castañas pingan en ringleira.
Preparade as cestas. Zoa a castiñeira!
Nas noites de outono, detrás da lareira,
facemos magostos e contamos lendas.
En 5º B traballamos sobre un poema de Antonio Rubio, titulado Novembro (recollido no libro Almanaque musical, en Kalandraka):
Crepitan as notas,
resoan ardendo;
parece que entoan:
xa chegou novembro!
E treme na rúa
o frío invernal,
soñan os meniños
contos musicais.
A orquestra de corda
recibe o inverno
cunha Melodía
de magosto lento.
Como vedes, os poemas aparecen enriquecidos con efectos musicais. Estes están descargados do Banco de Imaxes e Sons do INTEF.
No hay comentarios:
Publicar un comentario