O vindeiro día 7, a A.N.P.A. do noso cole acudirá, como todos os anos, ó Parque da Riouxa para celebrar o maio con outros centros educativos e colectivos do noso barrio.
Igual que en cursos pasados, na aula de Educación Musical temos aproveitado a ocasión para achegarnos a esta festa tradicional, cantando melodías que son froito de diversas recolleitas, interpretando e memorizando ritmos nas claves, bailando... e creando coplas!
Nesta ocasión, temos cambiado de melodía, escollendo unha orixinaria do municipio de Redondela. Tamén seleccionamos dúas coplas que proceden de recolleitas, e que, no documento adxunto, atoparedes en negriña.
As restantes coplas foron elixidas entre as creadas polo alumnado de 4º, 5º e 6º cursos de Primaria. O procedemento foi: en grupos (gran grupo en 4º, grupos de catro alumnos en 5º e 6º de Primaria) crear novas coplas que cadren coa melodía tradicional, coas seguintes temáticas:
- 4º de Primaria: a chegada da primavera, os motivos do noso PDI e do noso maio;
- 5º de Primaria: os elementos para construir o noso maio e para interpretar as coplas na festa;
- 6º de Primaria: análise da realidade e/ou crítica social.
Tiñamos así un amplo abano de temas que son os que, tradicionalmente, aparecían reflectidos nas coplas dos maios.
En ningún caso temos censurado a creación do alumnado (a única norma era ser elegantes e non faltar ó respecto a ninguén). Analizando os textos creados, só podemos facer unha lectura: os nosos rapaces e rapazas son perfectamente conscientes do mundo no que viven, e teñen unha visión crítica do mesmo. E iso é para nos felicitar, porque é un dos grandes obxectivos da Educación.
Estas son, pois, as coplas:
E aquí deixámosvos a interpretación realizada polo alumnado de 4º A. Cantan a copla de partida e as dúas que eles mesmos teñen creado. Serviramos de modelo para aprender a melodía, o ritmo e a danza.
Estas son, pois, as coplas:
E aquí deixámosvos a interpretación realizada polo alumnado de 4º A. Cantan a copla de partida e as dúas que eles mesmos teñen creado. Serviramos de modelo para aprender a melodía, o ritmo e a danza.
E agora... a preparar todos o maio!
Imaxe: JOSEOLGON. Festa dos Maios en Combarro. En Wikimedia Commons. CC BY-SA 3.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario