O ser humano, dende os tempos máis antigos, é un ser migrante. Os galegos sabemos moito disto. Durante décadas, os trasatlánticos saían dos portos de Vigo e A Coruña cargados de homes e mulleres que esperaban atopar en América unha vida mellor. Naquelas terras padecimos pola morriña, polo que deixamos atrás, polo medo, por nos sentir diferentes...
Durante un curto espellismo, tan só unhas décadas atrás, isto parecía o pasado: semellaba que esta situación non ía voltar. Convertímonos nun país rico que, nesta ocasión, recibía inmigrantes.
Sen embargo, a actual crise económica está a provocar que milleiros de mozos e mozas galegos volten emigrar. Galicia segue a ser terra de emigrantes.
Por outra banda, o mar ten sido canle de comunicación de pobos e culturas. Tamén a través do mar Galicia extendeuse alén do mar. Por iso, co gallo do Día da Paz, tratar o tema da emigración semella o máis convinte, dacordo co tema do noso PDI Un mar de linguas.
Coti Sorokin (autor de El inmigrante) é un cantante, compositor e produtor arxentino que, ó longo da súa discografía, ten insistido moito na temática social. Así presentaba este tema nun concerto en Candelaria (Arxentina) en 2007:
Os nosos avós marcharon de España para América, para Arxentina, dende Galicia, dende o País Vasco, dende todo o país; dende toda Europa. E 50 ou 60 anos despois repítese a historia ó revés.
Esta canción que eu escribín podía tela escrito o meu avó, porque é a canción do emigrante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario