Porque unha das tradicións máis senlleiras do Nadal é a das Panxoliñas e os Nadais.
Nas aldeas, durante os días que van do Nadal a Reis, era normal que os nenos (ás veces acompañados de mozos e mozas) percorreran a parroquia cantando e levando (a cambio) algunha lambetada. Estes grupos, segundo a bisbarra, recibían diferentes nomes: bandos, xuntas, panxoleiros, aguinaldeiros, ranchos...
A señora Olga lembra así esta tradición que existía no Nadal da súa nenez:
O Proxecto Documental Integrado deste curso (A Lingua sabe a pan), convídanos a recuperar as nosas tradicións máis fermosas. Coa intención de recuperar a dos Cantos de Nadal, este curso temos aprendido distintas panxoliñas que queremos compartir convosco. Non son pezas perfectas nin na entonación nin na gravación. Pero témolas feito nós con moito agarimo e interese, e por iso nos gustan e estamos orgullosos delas.
- Aínda que moi cativiños, os nenos e nenas de Educación Infantil sumaron as súas voces para cantar Que levas, pastor?
- Os de 1º de Primaria cantan con moita delicadeza (xa que o Neno pode espertar) Ímonos xa pra aldea.
- No 2º curso de Primaria cantamos Cantade ben baixo.
- Os rapaces de 3º cantaron Vinde ledos, galeguiños.
- Os alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria aprenderon O aguinaldo.
- En 5º cantamos unha panxoliña ben leda, que, ademais combiña dous ritmos moi nosos: a muiñeira e a xota. Trátase de Se soubesen os meus amiguiños.
- E en 6º de Primaria, Pan, para para pan, fago.
Convidámosvos a aprendelas connosco e a recuperar a tradición dos Cantos de Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario