OS INSTRUMENTOS DE CORDA
Os instrumentos de corda (ou cordófonos) son aqueles nos que o son é producido pola vibración dunha corda. Segundo o xeito no que se produce a vibración, os instrumentos de corda pódense dividir en tres grupos:
- Instrumentos de corda fretada: aqueles nos que a vibración se produce ó fretar a corda cun arco. Entre eles, atópanse o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo.
- Instrumentos de corda pulsada ou pinzada: aqueles nos que a vibración se produce ó puntear as cordas cos dedos ou cunha púa. Entre eles está a guitarra, a harpa, o laúde, a bandurria, a balalaika, o clavicémbalo ou o banjo.
- Instrumentos de corda percutida: aqueles nos que a vibración da corda se produce ó ser golpeada esta por un macillo que forma parte dun complicado sistema mecánico. O máis destacado é o piano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario