A partir de A Mota de Pó.
Este curso, en 4º B de Primaria estivemos a traballar timidamente sobre A Mota de Pó, obra de Fernando Palacios. Aproveitamos a ocasión para iniciarnos no traballo cooperativo.
Así, despois de ler o primeiro fragmento, e seguindo a estrutura 1 - 2 - 4, tivemos que descubrir por grupos catro elementos necesarios para que existira música.
Unha vez seleccionadas as palabras (silencio, nota, movemento, melodía) traballamos sobre elas, esta vez coa estrutura O xogo das palabras. Tratábase agora de achegarnos a unha definición de cada unha delas e de organizalas seguindo un criterio lóxico.
Por último, traballamos a elaboración de esquemas, coa estrutura Lápis ó centro, primeiro en papel, e logo cos ipads, empregando a app Popplet Life. Nas seguintes imaxes podedes ver como ós rapaces en plena faena.
E estes son os resultados da tarefa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario