Aprendendo a definilos.
Usando este esquema, antigos compañeiros de 6º curso de Primaria crearon as seguintes definicións;
PENTAGRAMA
Un pentagrama é un conxunto de cinco liñas e catro espazos. As liñas son rectas, horizontais, paralelas e equidistantes entre elas. No pentagrama escríbense notas musicais.
CHAVE DE SOL
A chave de sol é un simbolo que se coloca ao principio do pentagrama e indica onde se coloca a nota SOL (segunda liña).
LIÑA DIVISORIA
As liñas divisorias son unhas liñas verticais que atravesan o pentagrama, dividindo os compases.
DOBRE BARRA
A dobre barra son dúas liñas verticais que se colocan ó final da partitura e indican que esta rematou. Tamén se utiliza acompañando ós puntos de repitición.
PUNTOS DE REPITICIÓN
Os puntos de repitición son dous puntos que se colocan enriba e debaixo da terceira liña acompañados dunha dobre barra. Indican que hai que repitir un fragmento. Se os puntos están antes da dobre barra, repìtiremos o fragmento anterior, e se están despois da dobre barra, repitiremos o fragmento posterior.
COMPÁS
Existen dúas acepcións da palabra compás:
1. É o espazo que queda entre dúas liñas divisorias.
2. É un número cunha figura debaixo que se coloca ó principio da partitura (despois da clave de sol) e nos indica cantos pulsos completan un compás.
Seguro que agora es quen de identificar cada un dos conceptos na imaxe da partitura que ilustra este post!
No hay comentarios:
Publicar un comentario