miércoles, 17 de febrero de 2016

MÚSICA NUNHA MALETA



Concerto didáctico dos Moussakis.

Esta mañá o alumnado de 2º e 3º de Primaria acudíu ó Auditorio do Concello para presenciar este concerto ofrecido pola Fundación La Caixa, a cargo de seis musicazos procedentes, na súa maior parte, da Península Balcánica: os Moussakis. Este grupo, cuio nome procede dun saboroso prato típico da meirande parte dos países que constitúen a Península balcánica (a mousaka) ofreceu un espectáculo con maiúsculas, no que se mesturaban a música, a dramatización, a imaxe, a luz...

O concerto servíu para coñecer outros países, valorar a súa cultura, palmear ritmos moi diferentes ós nosos, cantar, achegarnos a instrumentos extraños a nós e disfrutar da mestura cos propios do noso universo musical.

Así, escoitamos pezas en sefardí (unha lingua moi parecida ó castelán, falada polos descendentes dos xudeos que, alá polo século XV, tiveron que abandonar a Península Ibérica), e aprendimos a contar en serbio-croata antigo.

O comportamento da rapazada foi exquisito. Daba gloria ver o atentos que estaban algúns deles, que non perdían detalle.

Como non estaba permitido sacar fotos ó espectáculo, deixámosvos cun vídeo deste grupo que temos atopado en internet. Comprobaredes que ben mereceu a pena.



A visita quedou documentada coas fotos do alumnado nas butacas, e un pequeno respiro que nos deu o tempo para xogar no parque infantil do Concello. 


No hay comentarios: