O pasado mércores, o alumnado de 4º de Primaria e 5º B acudimos ó Auditorio do Concello para participar nun concerto didáctico organizado polo profesorado da Escola Municipal de Música. Co título Música para a tolerancia, fóronnos presentando pezas correspondentes ó legado musical de tres culturas que, ó longo da historia, víronse obrigadas a migrar: os xudeos, os afroamericanos e os xitanos.
Aprendimos cousas ben interesantes, participamos e disfrutamos moitísimo co concerto. Ademais, o noso comportamento foi exquisito.
Para rematar, deixámosvos cunhas cantas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario