Paco de Lucía (o único español Premio Príncipe de Asturias da Música ata o de agora) finou esta mañá lonxe da súa terra, cando disfrutaba da compaña da súa familia, en México.
Paco de Lucía, ademais de ser un portentoso guitarrista, foi un renovador do flamenco, mesturando os palos tradicionais cos ritmos do jazz, e incorporando instrumentos propios doutras culturas, coma o caixón. Un auténtico xenio da mestizaxe musical.
Temos seleccionado dous vídeos, que o mostran ó principio e ó final da súa carreira.
No primeiro, interpretando a peza que o lanzou á fama mundial: Entre dúas augas.
Estoutro corresponde a un concerto no Festival de Jazz de Leverkusen, no ano 2010. Dende a primeira nota se verifica que era un guitarrista con alma.
Os homes pasan, mais a música permanece. Descanse en paz!
No hay comentarios:
Publicar un comentario