Hoxe falaremos sobre os de vento - metal.
Como lembraredes, noutro post presentamos os aerófonos de madeira. Hoxe faremos o mesmo cos aerófonos de metal.
Os instrumentos que forman parte desta familia presentan unhas características similares:
- están construídos en metal;
- están enrollados sobre si mesmos;
- a embocadura ten forma de copa;
- rematan nunha grande campá, chamada pavillón;
- teñen un son estridente.
Contrariamente ó que ocurre nos instrumentos de vento - madeira (nos que a vibración se produce ó romper o aire contra un bisel ou ó vibrar unha ou dúas lingüetas) nos instrumentos de vento - metal a vibración prodúcena os beizos do instrumentista.
A historia dos aerófonos de metal é moi antiga. As trompetas empregábanse como instrumentos militares xa en tempos dos exipcios (ou incluso antes). Outros (coma a trompa) teñen evolucionado a partir de instrumentos construídos con cornos de animais.
Aínda que non o pareza polo espazo que ocupan, os instrumentos de metal son tubos dunha grande lonxitude. A altura do son ven dada por esta: canto máis longo é o tubo, o son é máis grave; canto máis curto, o son será máis agudo.
Outro elemento que contribúe a variar a altura do son é a presión dos beizos do instrumentista: canto máis relaxados, o son será máis grave; canto máis tensos, o son será máis agudo.
Os intrumentos de vento - metal están, dende o punto de vista tecnolóxico, moi evolucionados. A lonxitude do tubo modifícase cun sistema de pistóns ou válvulas. Neste enlace podes comprobar o efecto que producen as válvulas.
O único aerófono de vento - metal que carece de pistóns é o trombón de varas. Neste instrumento, a lonxitude do instrumento modifícase coa posición da vara, que se pode alongar ou acurtar, producindo un efecto chamado glissando. Neste enlace comprabarás como funciona este instrumento.
O timbre destes instrumentos pode modificarse, tamén, empregando unha especie de tapón que se coloca na campá, e que recibe o nome de sordina.
Neste vídeo, no que está gravada unha sinxela explicación sobre a trompeta nun concerto para bebés, poderás coñecer algunhas cousas sobre este instrumento, e as poderás extrapolar ó resto de instrumentos que constitúen a familia.
A familia do vento - metal está integrada por catro instrumentos, que, de agudo a grave son: a trompeta, a trompa, o trombón e a tuba.
A trompeta é o instrumento máis agudo da familia. Louis Armstrong foi un famoso trompetista, e unha das principais figuras do jazz. Escóitao neste vídeo no que interpreta unha das súas pezas máis famosas: When de Saints go marching in. Fíxate nos instrumentos que o acompañan. Tamén atoparás un trombón de varas, considerado en moitas ocasións como unha trompeta grave.
Despois da trompeta, a trompa é o instrumento máis agudo da familia. Escoita ó Conxunto de Trompas das Orquestras Sinfónica e Filarmónica de Viena gravando a banda sonora de Parque Xurásico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario