Trátase da frauta traveseira. Este instrumento representa ó paxaro en Pedro e o lobo. Fíxate nas súas partes.
- Cabeza: é a peza superior da frauta traveseira. Vai encaixada no corpo. Na cabeza está a embocadura.
- Embocadura: é a parte da frauta pola que se introduce o aire. Na frauta traveseira, a embocadura é de bisel.
- Corpo: é a peza intermedia da frauta traveseira.
- Chaves: é un mecanismo existente no corpo da frauta traveseira que permite tapar os buratos e producir sons de diferente altura.
- Pé ou Pata de Do: é a peza inferior da frauta traveseira. Vai encaixada na parte inferior do corpo.
A frauta traveseira caracterízase porque ten unha embocadura en forma de bisel.
Para facela soar, o músico enfoca o aire de xeito que este rompa contra a arista afiada da boquilla, do mesmo xeito que fas cando sopras na boca dunha botella e produces son.
Nun principio, as frautas traveseiras construíanse con madeira. Sen embargo, cando aumentaron o número de músicos e de instrumentos da orquestra, precisouse un instrumento que producira un maior volume, conservando o seu mesmo timbre. O avance da técnica permitiu construír unha frauta traveseira de metal cun timbre similar á frauta traveseira de madeira.
Esta é a razón pola que, construíndose de metal, a frauta traveseira pertence á familia dos instrumentos de vento - madeira.
Imos agora escoitar como soa unha frauta traveseira.
Un gran dominio do instrumento permite facer cousas prodixiosas. Este frautista, ademais de tocar unha mistura de temas que, sen dúbida, recoñecerás, é que de empregar o instrumento coma se estivera acompañado por unha batería.
Fantástico, verdade?
E, para rematar, comproba os teus coñecementos sobre a frauta traveseira con esta actividade interactiva de Claudia Sánchez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario