Estase a celebrar en Vigo, do 5 ó 8 de abril.
O encontro está organizado pola Rede Europea de Orquestras Folk, da que forman parte a Fundación Sondeseu, a Asociación Artemotiva de Turín, a Royal Conservatoire de Escocia e a Sibelius Academy de Helsinky.
Organizado, nesta ocasión, polos anfitrións (Sondeseu), inclúe música de rúa, obradoiros, clases maxistrais e concertos.
Aquí tendes algúns dos actos programados:
- Xoves 5 de abril:
- 13:00: concerto na Porta do Sol (alumnos da E-Trad de Vigo)
- 20:00: concerto no Auditorio do Concello (Agrumar e a Sibelius Academy Big Band)
- Venres 6 de abril:
- 13:00: concerto na Porta do Sol: Tradalp (Italia)
- 20:00: concerto no Auditorio do Concello de Folkestra e Tradalp (Italia)
- Sábado 7 de abril:
- 13:00: concerto da Sibelius Folk Big Band na Porta do Sol.
- 20:00: concerto no Auditorio Mar de Vigo de Tradalp (Italia), Sibelius (Finlandia) e Sondeseu (Galicia).
Unha ocasión de vivir estas datas dun xeito diferente e de disfrutar coa música tradicional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario