Veño de chegar do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, adicado a celebrar o Centenario da chegada da muller á Universidade.
Como cada ano, a Universidade de Vigo esforzouse por ofrecer un espectáculo grandioso e galego. Os encargados, Berrogüetto, que contaron coa compaña da cantautora aragonesa Carmen París e as pandereteiras de Cantigas e Agarimos.
Se escoitar a Berrogüetto sempre é un luxo, escoitalo acompañado das pandereteiras de Cantigas e Agarimos foi sublime. Espectaculares o dúo de Xavier Díaz e Carmen París en Bailador, e a Danza de Meirol, acompañada por Cantigas e Agarimos.
No Teatro Caixanova fora, hai catorce anos, a presentación de Navicularia, o primeiro disco de Berrogüetto. Naquela ocasión estiveran acompañados por Cantigas e Agarimos. Para lembrar aquela data, os que estivemos alí no ano 1996 voltamos escoitar á formación e ás pandereteiras interpretar O Mandil.
Precioso xeito de nos dexexar Bo Nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario