A UNESCO ven de proclamar Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade a tres candidaturas españolas: o flamenco, os cantos de Sibila de Mallorca e os castells cataláns.
En todos eles, a música xoga un papel preponderante.
Aquí tendes a nova publicada pola edición dixital do Diario El País.
Este é o vídeo co que a fantástica bailaora Sara Baras e o cantaor José Mercé apoiaron a candidatura do flamenco:
El Cant de la Sibil.la cántase nas igrexas de Mallorca na mañán do 24 de nadal. Practicamente intacto dende entón, ten a súa orixe na Idade Media.
As tradicionais torres humanas (castells) típicas do folclore catalán acompáñanse por típicos instrumentos de vento:
Mais non só as candidaturas españolas teñen sido proclamadas. Dende hoxe tamén son Patrimonio Inmaterial da Humanidade:
- a ópera de Pekin;
- as músicas de marimba e os cantos tradicionais do Pacífico Sur de Colombia;
- a danza chhau da India;
- os cantos e danzas folclóricas dos kalbelias del Rajastán;
- o mudiyettu, o teatro ritual danzado de Kerala;
- en angklung de Indonesia;
- a música dos bakhshis del Jorasán;
- o ta'ziye, arte dramático ritual de Irán;
- o kumiodori, teatro musical tradicional de Okinaw;
- os sutartinés, cantos lituanos polifónicos;
- a procesión con danzas de Echternach (Luxemburgo);
- la pirueka, canto tradicional de México;
- Al-Bar'ah, música e danza dos valles de Omán;
- a huaconada, danza ritual de Mito e a danza das tesouras (Perú);
- los gagog de Corea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario