Algunha vez imaxinastes ó pequeno Mozart en acción?
Hai uns días, o meu irmán achegoume o enlace a este vídeo onde o pequeno Edward Yudenich dirixía a Orquestra do Conservatorio Estatal de Uzbekistán. A obra interpretada: a Obertura de O morcego, de J. Strauss.
Con tan só 7 anos, é unha gozada participar do seu entusiasmo e da súa arte dirixindo esta orquestra formada por estudiantes que soa tan ben. Eu, dende logo, imaxino ó pequeno Mozart así. E vós...?
Este é o título do programa que, sobre música tradicional, vense de estrear na Galega.
Todos os martes, ás 22:15 horas da noite, poderemos disfrutar dunha peza que servirá como excusa para saber máis sobre a nosa historia.
Hoxe véñennos de falar do "himno non oficial" de Galicia: a Rianxeira. Unha peza que non é tradicional (aínda que nós sintámola así), senon que foi composta en 1948 por dous rianxeiros emigrados na Arxentina, que compuxeron esta peza co gallo da visita de Castelao a Bos Aires.
A Rianxeira é sinónimo de Rianxo, de emigración, de muller traballadora, de mar.
Convídovos a disfrutar deste fantástico programa que intenta enlazar pasado e presente o vindeiro martes.
Chega o Nadal, e o aer achéganos doces aromas e harmoniosos sons.
Porque unha das tradicións máis senlleiras do Nadal é a das Panxoliñas e os Nadais.
Nas aldeas, durante os días que van do Nadal a Reis, era normal que os nenos (ás veces acompañados de mozos e mozas) percorreran a parroquia cantando e levando (a cambio) algunha lambetada. Estes grupos, segundo a bisbarra, recibían diferentes nomes: bandos, xuntas, panxoleiros, aguinaldeiros, ranchos...
A señora Olga lembra así esta tradición que existía no Nadal da súa nenez:
O Proxecto Documental Integrado deste curso (A Lingua sabe a pan), convídanos a recuperar as nosas tradicións máis fermosas. Coa intención de recuperar a dos Cantos de Nadal, este curso temos aprendido distintas panxoliñas que queremos compartir convosco. Non son pezas perfectas nin na entonación nin na gravación. Pero témolas feito nós con moito agarimo e interese, e por iso nos gustan e estamos orgullosos delas.
Aínda que moi cativiños, os nenos e nenas de Educación Infantil sumaron as súas voces para cantar Que levas, pastor?
Os de 1º de Primaria cantan con moita delicadeza (xa que o Neno pode espertar) Ímonos xa pra aldea.
No 2º curso de Primaria cantamos Cantade ben baixo.
Os rapaces de 3º cantaron Vinde ledos, galeguiños.
Os alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria aprenderon O aguinaldo.
En 5º cantamos unha panxoliña ben leda, que, ademais combiña dous ritmos moi nosos: a muiñeira e a xota. Trátase de Se soubesen os meus amiguiños.
E en 6º de Primaria, Pan, para para pan, fago.
Convidámosvos a aprendelas connosco e a recuperar a tradición dos Cantos de Nadal.
Os instrumentos de corda (ou cordófonos) son aqueles nos que o son é producido pola vibración dunha corda. Segundo o xeito no que se produce a vibración, os instrumentos de corda pódense dividir en tres grupos:
Instrumentos de corda fretada: aqueles nos que a vibración se produce ó fretar a corda cun arco. Entre eles, atópanse o violín, a viola, o violonchelo e o contrabaixo.
Instrumentos de corda pulsada ou pinzada: aqueles nos que a vibración se produce ó puntear as cordas cos dedos ou cunha púa. Entre eles está a guitarra, a harpa, o laúde, a bandurria, a balalaika, o clavicémbalo ou o banjo.
Instrumentos de corda percutida: aqueles nos que a vibración da corda se produce ó ser golpeada esta por un macillo que forma parte dun complicado sistema mecánico. O máis destacado é o piano.
Achegándonos ó Samaín, en 5º curso de Primaria estivemos a disfrutar cunha montaxe sobre a Danza Macabra.
A Danza Macabra foi composta polo músico francés Camile Saint - Saëns, e narra unha lenda sobre a noite do 31 de outubro, data na que os celtas celebraban oSamaín. Este músico é un vello coñecido noso, xa que compuxo tamén a obra O Carnaval dos animais.
Para lembrarvos o argumento, achegámosvos este vídeo: non fan falla palabras para explicalo.
Tras coñecer o argumento desta música descriptiva, presentamos agora a versión concerto, para descubrir os instrumentos que participan. Está interpretada pola Xove Orquestra Teresa Carreño de Venezuela, e dirixida por Gustavo Dudamel. Esta orquestra ten un notable interese pedagóxico, xa que os seus compoñentes son todos moi noviños.
E para rematar, un agasallo. A Danza Macabra como música de fondo de imaxes de películas de Tim Burton, realmente terroríficas:
A menos dun mes para o Samaín, xa empezamos a preparar a nosa festa.
E... que mellor que facelo cantando?
Así que traemos connosco a Mamá Cabra, coa canción O Samaín, recollida no disco Patatín, patatán. O vídeo é unha montaxe feita por Julia González, a nosa benquerida compañeira do C.E.I.P. Mestres Goldar.