lunes, 15 de mayo de 2017

COÑECEMOS A VIDA DE CAMILLE SAINT-SAËNS



Extraendo e organizando a información máis salientable. 

Este curso, en 5º de Primaria, temos traballado sobre a Danza Macabra, de Camille Saint - Saëns, obra coa que temos aprendido moito. Toca agora o turno de coñecer algo sobre o seu autor. Pero tamén queremos aprender con isto. Así que o procedemento será extraer información dunha biografía e completar o esquema proposto.

Aquí tendes o enlace á biografía.

E aquí o mapa mental que deberemos completar.

Bó traballo!

Imaxe: VON NADAR - Die berühmten Musiker Kunstverlag Lucien Mazenod, Genf 1946, Gemeinfrei. Camille Saint- Saëns portraithttps://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=10600434

sábado, 13 de mayo de 2017

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?


Dime, que froita é?

Chegou a primavera, e no fruteiro están a aparecer novas froitas de tempada. En Educación Infantil 3 anos aprendemos unha cantiga para adiviñar o nome das froitas, facéndoo coincidir coas semanas da froita que desenvolvemos no colexio dentro do Programa Aliméntate +. A canción é da autoría de Frianciño Jones. Como veredes, estes rapaces cántana moi ben.



miércoles, 10 de mayo de 2017

APRENDICES DE COMPOSITORES


Cun poema de Federico García Lorca.

En 6º curso de Primaria quixemos traballar a composición en relación co Día da Poesía. Así, escollimos o poema de Federico García Lorca titulado Santiago, e o escribimos rítmicamente. Esta é a transcrición da primeira copla.

Esta noche ha pasado Santiago
su camino de luz en el cielo.
Lo comentan los niños jugando
con el agua de un cauce sereno.

Logo, cada alumno tivo que crear unha melodía para o dito ritmo, cumprindo unha serie de requisitos:
      • aterse ó ritmo previamente escrito entre todos; 
      • empezar a composición polas notas DO, SOL ou MI; 
      • rematar por DO;
      • outra posibilidade sería comezar e rematar por LA. 

Unha vez creada, cada alumno debeu escribila en papel pautado. 

Algunhas das composicións creadas resultaron realmente interesantes. Así que, empregando a app iWriteMusic os rapaces transcribiron as súas creacións e exportaron o midi correspondente. Aquí as tendes, neste padlet, para analizalas e escoitalas.


Hecho con Padlet

martes, 2 de mayo de 2017

CANTIGA DOS MAIOS



Crear e xogar. 

Como cada curso, chegou o mes de maio, e en 5º e 6º cursos de Primaria creamos coplas para acompañar a festa do vindeiro día 20.

Tamén coma sempre, non existíu ningún tipo de censura, e os rapaces escribiron sobre os temas que quixeron. Neste enlace podedes ler a totalidade das coplas creadas.

E, coma todos os anos, a A.N.P.A. fixo unha selección das coplas creadas para aprender de cara á xuntanza. Estas son:


Seguindo o costume
do ano pasado, 
aquí vimos todos
a cantar o maio. 

Demos a benvida
ó maio con flores.
Bela é a vida,
con moitas cores.

Unha poesía,
unha cada ano:
xuntando os versos
cantamos o maio.

O noso proxecto
fala do circo.
Xogando cos nenos
nos divertimos.

Mirade o circo,
cheo de emocións!
Mirade que alegría,
sempre a mogollón!

O Donald Trump
vai facer un muro
pra que non inmigren,
e non dá un duro.

Aí ven o psiquiatra
pra coidar a Donald:
está moi tolo
por tirar bombas.

A cantar e a disfrutar da festa!

lunes, 1 de mayo de 2017

UNHA PULGA, UN RATO E UN ESCARAVELLO BRANCO




Conto musical. 

Na clase de Educación Infantil 5 anos traballaremos este conto para introducirnos, xogando, na escritura musical.