lunes, 26 de junio de 2017

DÍA DE DESPEDIDAS


Sorrisos e bágoas. 

O pasado venres 23 remataron as clases. Un día esperado, porque xa todos estabamos un pouco cansos de traballar tanto durante o curso. Pero tamén un día melancólico, xa que algúns de nós xa non voltaremos a pisar estas aulas.

Os rapaces e rapazas de 3º curso, e os seus profes, xuntáronse para merendar e agasalláronme cos seus bicos, co seu agarimo e cos seus mellores desexos. Moitos emocionámonos un pouco, pero a consigna foi: prohibido chorar! A vida continúa, e calquera día atopámonos.


Grazas, meus cativiños! Eu tamén vos quero, e levareivos sempre no meu corazón!

1 comentario:

cris dijo...

Qué bonito, Mónica. Merecida homenaxe. Eu, dende o máiz fondo do meu corazòn tamén che digo: "que te vaia ben bonito. Atoparémonos no camiño"