sábado, 25 de junio de 2016

AGASALLO DE FIN DE CURSO

Bernal toca para nós.

Teño o convencemento de que a educación é cousa de dous: a familia (a primeira escola) e a escola (a segunda familia). Cando todos estamos "afinados" á mesma frecuencia, as cousas funcionan.

Hoxe traemos este vídeo da última clase de 4º A. Bernal agasallounos tocando no xilófono dúas cancións. Isto non é obra miña, senón de Bernal e dos seus profes de Igualarte. Pero para el, e para nós, creo que ten sido moi importante establecer un vínculo entre o que ocurre dentro e fóra da escola; demostrar as súas habilidades diante dos seus compañeiros e que estes sexan quen de recoñecelas cun aprauso espontáneo.




Grazas, Bernal! Que agasallo tan fantástico!

COMPOÑENDO MÚSICAS PARA UN RAP


En 6º curso de Primaria.

Este curso, en 6º curso de Primaria estivemos a traballar sobre a cultura do hip-hop.

Despois de aprender Hoy tengo ganas de sonreír para celebrar o Día da Paz, os alumnos sentíronse moi interesados pola cultura urbana, polo que traballamos sobre ela e inventamos textos. A idea era crear as nosas propias composicións, aínda que o tempo, sempre inexorable, non nos permitíu rematar o noso soño. Sen embargo, nas últimas clases traballamos cos ipads e co programa Garage Band, creando os nosos arranxos instrumentais para un rap.

No seguinte enlace poderedes acceder á páxina de ivoox onde están aloxadas as composicións dos nosos alumnos:


No seguinte álbum podedes gozar do proceso creativo do noso alumnado. 


viernes, 24 de junio de 2016

CREANDO COMPOSICIÓNS AUDIOVISUAIS CON IMOVIE


No 5º curso de Primaria.

En posts anteriores mostráramos as composicións realizadas polo alumnado de empregando iMovie. Pero quedábanos pendente mostrarvos as imaxes que, sen palabras, nos falan do proceso creativo. Da xenio velos moverse polo colexio con tanta desenvoltura e decisión. Non credes?




E por si non vos lembrades dos traballos creados a partir desta actividade, aquí vos deixamos os enlaces:

jueves, 23 de junio de 2016

XOGANDO A COMPOÑER


No 1º curso de Primaria.

En relación co noso PDI Entre liñas anda o xogo, en 1º curso de Primaria estivemos a compoñer empregando os ipad. Para iso fixemos uso da app Musyc, na que a combinación de diversas figuras xeométricas permite compoñer un xogo de sons moi interesante. Aquí tendes dous dos resultados acadados:



E aquí están as imaxes dos rapaces en plena fase creativa:







miércoles, 22 de junio de 2016

CATRO CADROS, CATRO MÚSICAS


Recreando o noso Museo Xeométrico.

Rematamos a actividade realizada polo alumnado de 5º curso de Primaria empregando a cámara do ipad e iMovie. Estes son, pois, os catro vídeos que restaban.










martes, 21 de junio de 2016

MÁIS MÚSICAS PARA UN CADRO


Combiñando música e imaxe.

Continuamos coa temática iniciada no post anterior. Nesta ocasión, tres novos vídeos realizados tamén polo alumnado de 5º curso de Primaria, empregando iMovie.








lunes, 20 de junio de 2016

TRES MÚSICAS PARA TRES CADROS


Enredando música e imaxe. 

Completando o noso PDI Entre liñas anda o xogo, na clase de música quixemos facer a nosa aportación ofrecendo unha nova visión dos cadros creados polas diversas aulas para o noso Museo Xeométrico. Así, o traballo foi desenvolto polo alumnado de 5º de Primaria empregando os ipads.

O primeiro paso foi fotografar un dos cadros do museo. E logo, empregando a app iMovie, os diversos grupos crearon unha montaxe audiovisual. Xa que estabamos na clase de Música, tratábase de armonizar as transicións e os finais co discurso musical.

Aquí vos deixamos, polo intre, tres dos traballos. Algúns deles ben interesantes...!






lunes, 13 de junio de 2016

TRABALLAMOS COOPERATIVAMENTE NA AULA DE EDUCACIÓN MUSICAL


A partir de A Mota de Pó. 

Este curso, en 4º B de Primaria estivemos a traballar timidamente sobre A Mota de Pó, obra de Fernando Palacios. Aproveitamos a ocasión para iniciarnos no traballo cooperativo.

Así, despois de ler o primeiro fragmento, e seguindo a estrutura 1 - 2 - 4, tivemos que descubrir por grupos catro elementos necesarios para que existira música.

Unha vez seleccionadas as palabras  (silencio, nota, movemento, melodía) traballamos sobre elas, esta vez coa estrutura O xogo das palabras. Tratábase agora de achegarnos a unha definición de cada unha delas e de organizalas seguindo un criterio lóxico.

Por último, traballamos a elaboración de esquemas, coa estrutura Lápis ó centro, primeiro en papel, e logo cos ipads, empregando a app Popplet Life. Nas seguintes imaxes podedes ver como ós rapaces en plena faena.



E estes son os resultados da tarefa:






domingo, 5 de junio de 2016

A BANDA SONORA DUNHA EXPOSICIÓN



Co alumnado de 5º B.

Emulando a Modest Mussorgski, o alumnado de 5º B puxo banda sonora a algúns dos cadros da nosa exposición, seguindo o proceso explicado nun post anterior.

Nestas imaxes podedes velos traballando cos ipads, en pleno proceso creativo.




Agora, deixámosvos o resultado da súa tarefa.


miércoles, 1 de junio de 2016

CADROS PARA UNHA EXPOSICIÓN


Emulando a Mussorgski.

No colexio estamos a preparar a exposición final de proxecto. Na clase de Música, os nenos e nenas de 5º de Primaria imos emular a Mussorgski e á súa obra Cadros dunha exposición. Para iso seguiremos este procedemento:

    1. Observar detidamente a obra pictórica que temos que musicar. 
    2. Con que palabras definiríamos as sensacións que nos produce este cadro?
    3. Entramos no enlace coa selección previa de músicas.  (Todas elas están libres de dereitos).
    4. Eliximos a música que mellor acaia para o noso cadro.

Estas son as imaxes sobre as que traballaremos:


A árbore da vida


O falso espello


A ponte vermella


Composición en vermello, amarelo, azul e negro


Bailando por medo


Composición en vermello, amarelo e azul


Máscara 320


Recordos


Pez cantando

Fructíferas escoita e escolla!