lunes, 22 de agosto de 2011

UN CUMPREANOS UN POUCO TOLO

O conto musical dos nenos e nenas de 2º B de Primaria.

Porque, a partir de sons da natureza, os nenos e nenas de 2º B traballaron, durante todo o curso 2010-2011, sobre este conto creado por eles, e titulado Un cumpreanos un pouco tolo. Ó final, todo resultou divertido.

Gozade con eles e co seu traballo!



OS PAXAROS VIAXAN EN OUTONO

                                                                                 Page URL:
Image URL:


Este é o título do conto creado polos alumnos e alumnas de 2º A.

Como cada curso, os alumnos e alumnas de 2º crearon un conto a partir de diversos sons da natureza. Por arte de maxia, cada ano, e en cada aula, o resultado é sorprendente e espectacular.

Este pasado curso 2010 - 2011, os nenos e nenas de 2º A inventaron un conto que titularon Os paxaros viaxan en outono. Logo, durante meses, foron levándoo á casa semana tras semana, para ilustralo en familia.

Cando as ilustracións estiveron feitas, varios compañeiros leron o texto e o gravaron.

Aquí tendes o resultado. Precioso!






martes, 16 de agosto de 2011

TENGO TRES COLORES

Os artistas de Educación Infantil 4 anos A voltan cantar.

Hoxe cantan Tengo tres colores, de Huidobro y Velilla.





CANCIÓN DE PLIN Y PLON

Os nenos e nenas de Educación Infantil 4 anos A voltan cantar.

Nesta ocasión, trátase da Canción de Plin y Plon, de Huidobro e Velilla, relacionada coa intensidade do son.





O PODER ECOLÓXICO E SOCIAL DA MÚSICA


Un famoso dito lémbranos que a música amansa ás feras.

Xa coñeciamos o poder sedante da música que reflicte este dito. Tamén coñeciamos o seu potencial como transformadora da realidade social (non hai máis que lembrar a laboura da Carlinhos Brown nas favelas de Río). Hoxe, a través deste artigo que me ten enviado a miña amiga Ana, podémoslle engadir á música o título de "concienciadora" ecolóxica.

Trátase dun artigo de El País no que se fala da organización Sonidos de la Tierra, e do concerto que, con instrumentos reciclados, terá lugar hoxe en Madrid. Podedes ler o artigo aquí.

E a continuación, podedes visualizar este vídeo no que se fala das finalidades desta organización.