viernes, 30 de diciembre de 2016

MELLORANDO A EXPRESIVIDADE DOS NOSOS POEMAS


En 5º curso de Primaria.

Durante o primeiro trimestre, en 5º curso de Primaria estivemos a traballar as calidades do son. A dinámica, que mellora a expresividade dunha obra musical, emprega como estratexia os cambios de intensidade.

Para traballar esta decidimos facelo recitando dous poemas relacionados coa estación do ano que estabamos a vivir: o Outono.

En 5º A eliximos este poema do que descoñecemos o autor:

Nas noites de outono anda o vento ás ceibas. 
Acochádevos todos. Zoa a carballeira!

As pobres castañas pingan en ringleira. 
Preparade as cestas. Zoa a castiñeira!

Nas noites de outono, detrás da lareira, 
facemos magostos e contamos lendas. 



En 5º B traballamos sobre un poema de Antonio Rubio, titulado Novembro (recollido no libro Almanaque musical, en Kalandraka):

Crepitan as notas, 
resoan ardendo;
parece que entoan:
xa chegou novembro!

E treme na rúa
o frío invernal, 
soñan os meniños
contos musicais. 

A orquestra de corda
recibe o inverno
cunha Melodía
de magosto lento. 


Como vedes, os poemas aparecen enriquecidos con efectos musicais. Estes están descargados do Banco de Imaxes e Sons do INTEF

lunes, 19 de diciembre de 2016

BUSCANDO MÚSICAS E EFECTOS PARA O NOSO POEMA


Ou adornar un poema con efectos musicais. 

Durante o mes de novembro, en 5º curso de Primaria estivemos a traballar a intensidade do son cun par de poemas.

Agora queremos completar o traballo incorporando efectos e sons musicais.

Para iso imos empregar sons de uso libre. Nesta ocasión, traballaremos co Banco de Imaxes e Sons do INTEF.

Boa selección!

jueves, 15 de diciembre de 2016

ESQUEMATIZANDO AS TIPOLOXÍAS DA MÚSICA VOCAL



En 6º curso de Primaria

En días anteriores, en ambos os dous grupos de 6º estivemos a escoitar distintos fragmentos musicais interpretados por diferentes tipos de agrupacións vocais. Tras descubrir quen cantaba en cada un, dividímonos en grupos de traballo cooperativo. O noso obxectivo era crear, a partir da información proporcionada pola mestra, o noso mapa mental.







Aquí tedes algúns dos traballos realizados polo alumnado, empregando a app Popplet Lite. E se premedes neste enlace poderedes ver as fotos dos alumnos traballando.








lunes, 12 de diciembre de 2016

DISCRIMINANDO SONS FORTES E FEBLES



En Educación Infantil 5 anos. 

Durante este trimestre, nas aulas de 5 anos estivemos a traballar a intensidade do son. Se prememos na imaxe accederemos a un material multimedia do CNICE que pode servirnos como reforzo. 

sábado, 10 de diciembre de 2016

TOCAR, CANTAR E APRENDER

O que pode dar de si unha soa canción.

En 3º curso de Primaria estivemos a aprender unha canción titulada La orquesta. E con ela aprendimos moitísimo: ademais de repasar os grupos instrumentais da familia da percusión (madeira, metal e parche ou membrana) tamén traballamos a duración de tres figuras distintas: a negra, a corchea e a branca.

Descubrimos, pois, que os pandeiros van marcando negras, as caixas chinesas corcheas e os crótalos (que nós temos cambiado por triángulos por comodidade), brancas.

Aquí tedes ó grupo de 3º A, coa súa interpretación, gravada por un compañeiro: José Antonio.





Nestoutra aparecen os de 3º B. O cámara, nesta ocasión, foi Juan Carlos:




O difícil foi combinar o ritmo das tres familias para facer un efecto parecido ó mecanismo dun reloxo!


jueves, 8 de diciembre de 2016

ILUSTRA O TEU TRABALLO CON IMAXES LIBRES


Vivaldi en imaxes. 

Ata o de agora temos traballado con textos para investigar sobre Vivaldi. Pero estes textos mellorarán moitísimo se os acompañamos de imaxes. 

Sen embargo, non todas as imaxes que atopemos na Internet poden ser empregadas: algunhas delas teñen dono. 

Descarga imaxes destes dous sitios: 
  • Pixabay: aquí as imaxes son completamente libres, polo que non tes obriga de citalas. Escribe no buscador o nome das cidades onde naceu e morreu Vivaldi. Elixe as que prefiras e descárgaas no teu ordenador. Logo, abre o teu documento e insértaas no lugar do texto que che pareza máis axeitado. 
  • Wikimedia Commons: as imaxes deste sitio poden empregarse sempre que se citen. Escribe no buscador o apelido do compositor e elixe a imaxe que prefiras. Neste titorial tes toda a información sobre como facelo. 



Cando remates de maquetar o teu traballo, gárdao e compárteo a través do correo electrónico. 

jueves, 1 de diciembre de 2016