Xa sabes que un Obstinato consiste nunha estrutura que se repite continuamente. Se a estrutura é rítmica, dicimos que o obstinato é rítmico; se a estructura é melódica, o obstinato será melódico.
- A continuación podes escoitar o Bolero de Ravel. Trátase dun magnífico exemplo de obstinato. Eres quen de escoitalo? Trátase dun obstinato rítmico ou melódico?
- Fíxate con atención nos instrumentos que van soando. É unha auténtica exploración da orquestra!
- Por último: tes reparado no tempo que levas escoitando esta peza? Teste aburrido? Como é posible que, despois de tanto tempo, e, a pesares, do obstinato, non resulte "repititiva"? Terá algo que ver que Maurice Ravel fora un fantástico instrumentador?
Como ves, este vídeo da moitísimo "xogo": dende a expresividade do Director ata os instrumentos que se van sucedendo ó longo da peza.
Para tirarlle máis aproveitamento á audición, descubre os nomes de cada instrumento, na mesma orde na que aparecen. Axúdate do recurso que atoparás premendo neste recadro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario