As cousas de Avelino
O blog da miña Aula de Educación Musical
Páxinas
Páxina principal
4º de Primaria
5º de Primaria
6º de Primaria
jueves, 10 de febrero de 2011
O TERCEIRO CICLO, NA ÓPERA
O pasado venres 4 de febreiro, os alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo de Primaria asistimos no Auditorio do Centro Cultural Novacaixa a un espectáculo operístico para nenos.
O espectáculo titulábase
O humor na ópera
, e nel se reproducían algunhas pezas de catro obras maestras da ópera bufa:
Cosi fan tutte
(de
Mozart
),
Il Barbieri de Siviglia
(de
Rossini
) e
L'elisir d'amore
(de
Donizetti)
.
Aínda que este tipo de música non adoita estar entre as preferencias dos rapaces desta idade, hai que salientar o interese que suscitou e o bo comportamento que manifestaron durante o desenvolvemento do espectáculo. O segredo...? Ter traballado as pezas, previamente, na aula.
Así, aprendimos que existen dúas persoas fundamentais na creación dunha ópera: o
libretista
(o encargado de redactar o texto) e o
compositor
(que crea unha música a partir do libreto). Tamén que as
arias
son pezas solísticas que buscan o lucemento do cantante; e que se o número de cantantes aumenta, as pezas llámanse
dúo
(se cantan dous),
trío
(se cantan tres) ou
coro
(se cantan moitos).
Chegamos á conclusión de que a ópera é a expresión artística máis completa que existe, xa que integra música (instrumental e vocal), teatro, danza, decorados, vestiario, iluminación... e, na actualidade, mesmo novas tecnoloxías.
Rematou o concerto cunha peza moi alegre coa que comenza unha ópera moi triste: o
Brinde
de
A Traviata,
de
Verdi.
Grazas á
Camerata Lírica de España
por nos ofrecer este espectáculo que nos permite achegarnos tan ben a este mundo tan descoñecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario