O pasado venres 23 remataron as clases. Un día esperado, porque xa todos estabamos un pouco cansos de traballar tanto durante o curso. Pero tamén un día melancólico, xa que algúns de nós xa non voltaremos a pisar estas aulas.
Os rapaces e rapazas de 3º curso, e os seus profes, xuntáronse para merendar e agasalláronme cos seus bicos, co seu agarimo e cos seus mellores desexos. Moitos emocionámonos un pouco, pero a consigna foi: prohibido chorar! A vida continúa, e calquera día atopámonos.
Grazas, meus cativiños! Eu tamén vos quero, e levareivos sempre no meu corazón!