jueves, 24 de noviembre de 2016

LEMBRANDO A FREDDIE MERCURY


No 6º curso de Primaria.


Hoxe hai 25 anos que morreu Freddie Mercury. Por iso queremos facerlle unha homenaxe investigando sobre el. 

Naceu na illa de Zanzíbar o 5 de setembro de 1946. Zanzíbar está en África, pero daquela era unha colonia británica. 

O nome real de Freddie Mercury era Farrokh Bulsara. Este nome é de orixe parsi, e procede da zona de Bombai, no oeste da India, que tamén era unha colonia británica. 

Foi o cantante, fundador, vocalista e compositor da banda Queen. Tiña unha voz poderosa e unha posta en escena extravagante. 

A canción Barcelona, que cantou coa soprano Montserrat Caballé convertíuse no himno oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992. 

Morreu en Kensington (Londres) a consecuencia da SIDA, o 24 de novembro de 1991, só dous días despois de comunicar oficialmente que padecía a dita enfermidade. 


En 2006 a revista Time Asia nomeouno como un dos heroes asiáticos máis influíntes dos últimos 60 anos. E no 2005, foi considerado o mellor cantante masculino de todos os tempos. 

E como Freddie Mercury era un cantante camaleónico, deixámosvos con este vídeo onde comparte interpretación con toda unha diva da ópera: Montserrat Caballé. 



Imaxe: NICO7MARTIN. Freddie Mercury. En Flickr. CC BY