jueves, 5 de mayo de 2011

PAU CASALS: CATALÁN, VIOLONCHELISTA E PACIFISTA


Como homenaxe ós nosos socios da Agrupación ARCE queremos dar a coñecer a figura dun catalán universal: Pau Casals

Pau Casals naceu en El Vendrell (Cataluña) en 1876, e morreu en 1973 en San Juan de Puerto Rico. O seu pai era catalán, e a súa nai, portorriqueña. 

Como Mozart, Pau Casals foi introducido no mundo da Música polo seu pai. Está recoñecido como un dos mellores violonchelistas de todos os tempos, e como un innovador do instrumento, xa que introduciu notables cambios expresivos e técnicos na súa interpretación. 

A súa pasión pola música de Johann Sebastian Bach levouno a rescatar do olvido as estupendas Suites para violonchelo, unha alfaia que queremos compartir convosco: 



Non se vos teñen posto os cabelos de punta...?

Ademais, tivo un papel senlleiro como compositor e director de orquestra, sendo un dos máis recoñecidos do século XX. Neste sentido, en 1970 compuxo o Himno da Paz das Nacións Unidas, obra que se estrenou por primeira vez o 24 de outubro de 1971 (cando o músico tiña 94 anos) sendo dirixida a orquestra por el mesmo. 




Pero se o papel de Pau Casals foi importantísimo no ámbito musical, o máis sorprendente foi a súa extraordinaria xenerosidade e humanidade. Como el dicía: a música, esta marabillosa linguaxe universal, ten que ser unha fonte de comunicación entre todos os homes. E, certamente, toda a súa vida estivo adicada á defensa da paz e da liberdade, empregando como única arma os sons melodiosos que producía o arco do seu violonchelo. 

A consecuencia da Guerra Civil Española, tivo que se exiliar, primeiro, en Francia, e, finalmente, en Porto Rico, onde morreu ós 96 anos. Defensor da liberdade, e dun alto grado de autonomía para Cataluña, prometeu non voltar a España mentras durase a dictadura de Franco. De feito, só voltou, morto, no ano 1979, catro anos despois da morte do dictador. Dende entón, os seus restos reposan no Cementerio de El Ventrell, a súa localidade natal. 

O seu activismo en defensa da paz, da democracia, da liberdade e dos dereitos humáns valéronlle prestixiosas condecoracións, como a Medalla da Paz da O.N.U., ou que fora proposto ó Premio Nobel da Paz. 

A continuación vos presentamos un emotivo vídeo sobre o Discurso no que Pau Casals se dirixe á Asamblea das Nacións Unidas, con 94 anos, falando de dous dos seus amores: Cataluña e a Paz. Está en inglés, pero todos podemos comprendelo. Que grandeza!




Para rematar, déixovos cunha peza do folclore catalán que foi dada a coñecer mundialmente por Pau Casals: El cant del oicels (O canto dos paxaros). Este foi o "himno" que el propagou para pedir a paz. Porque, segundo el, os paxaros, nos seus cantos, din: PAZ, PAZ, PAZ...

Deixovos coa versión que interpretou na Casa Branca, acompañado polo pianista Mieczyslaw Horzowski.






domingo, 1 de mayo de 2011

OS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA FIXERON EXPRESIÓN CORPORAL


Hai xa algunhas semanas propuxemos na aula esta actividade de Expresión Corporal. 

Cada un elixía un lugar no espazo, e, coa axuda dun instrumento de pequena percusión (que en ningún intre pobía soar) debían desprazarse de xeitos diferentes ó son da música.

Estivemos acompañados pola melodía de Maily's song, unha fantástica peza da banda sonora que, no seu día, Ennio Morriconei compuxo para a serie de televisión titulada Marco Polo  ( seguramente, os que sexades da miña idade, a lembraredes).

Como os rapaces tomaron a actividade con moito entusiasmo, e como as súas expresións foron dunha plasticidade espectacular, déixovos coas fotos que tomamos, para que disfrutedes delas.





Para os que non lembredes a serie e non coñezades a música, déixovos con este vídeo, co que poderedes disfrutar da beleza das paisaxes e da seducción da música: