domingo, 10 de abril de 2011

PAUS DA CHOIVA CON MATERIAL DE REFUGALLO



Os nenos e nenas de 4º curso de Primaria construíron paus da choiva. 

Este trimestre, escoitamos o Segundo Movemento do Inverno, de Vivaldi. Neste fragmento, o pizzicatto dos instrumentos de corda imita o son das pingas da choiva. 

Logo, descubrimos que os indios de Sudamérica tiñan un instrumento, construído coa madeira dos cactus co que imitaban tamén o son da auga e que podía ser usado con fins máxicos, para propiciar a chegada das choivas. 

A tarefa individual consistiu en construír un pau da choiva con material de refugallo. 

Como vedes, tomaron o tema moi en serio. 




OS NOSOS INSTRUMENTOS...SOAN!


Como xa vistes, os nosos alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria construíron instrumentos musicais con material de refugallo.

Tiñan que imitar instrumentos africáns. Pero non só os construíron con esmero, senon que, aínda por riba, esforzáronse en que produciran un bo son, facendo, nalgún caso, probas e máis probas.

Aquí tendes a confirmación do ben que soan:



sábado, 9 de abril de 2011

INSTRUMENTOS AFRICÁNS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria construíron instrumentos musicais. 

Despois de coñecer e aprender a clasificar diversos instrumentos africáns, a tarefa consistiu en construír, con material de refugallo, un deles. 

Como vedes, tomaron a tarefa con moito entusiasmo, e os resultados, nalgún caso, resultaron espectaculares. 

Noraboa polo voso traballo!




jueves, 7 de abril de 2011

CONSTRUÍNDO O MEU DJEMBÉ



Os nenos e nenas de 5º de Primaria construíron nas súas casas instrumentos africáns.

Logo, presentáronnolos na aula, e nos explicaron como os construíran.

Noa Carme, moi profesional ela, tróuxonos unha colección de fotos, que foi comentando co cañón. Aquí a tendes en plena acción.








Tamén Ana fixo unha presentación coas fotos que foi tomando durante a montaxe: 



Uns artistas! 
Noraboa!