lunes, 28 de febrero de 2011

VERSIONEANDO "SWING LOW"


http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

A improvisación, a fusión, a interpretación, a instrumentación, o tempo... son elementos que contribúen ó engrandecemento ou non dunha peza.

Esta é a riqueza da Música: mellorar e sublimar unha obra que xa nos parecía perfecta.

Nun post anterior propuxemos a escoita de Swing Low interpretada por Marion Williams. Nesta ocasión, presentámosvos un montón de versións da mesma peza. Como veredes, grazas ás habilidades e estilos dos diferentes músicos, unha canción que, nos seus inicios, debeu transmitir toda a tristura e a carga da escravitude pode chegar a se converter nun estoupido de xúbilo se está cantado por un coro de gospel.

Facémosvos unha proposta dobre:

  1. Escoitar con atención, ata o final, cada unha das versións que vos propomos. 
  2. Facer un comentario sobre o que tendes escoitado, indicando cal foi a versión que máis vos gustou e por que. 
Comenzamos, pois, con Dolly Parton, unha cantante dos anos 60 que foi considerada a raíña da música country:





Etta James nos canta Swing Low dun xeito máis próximo ó gospel.





O famoso guitarrista Eric Clapton, entusiasta do blues e alcumado Man Lenta cantou tamén Swing Low:




Voltamos ós anos 60. O icono da canción protesta, Joan Baez, tamén versionou esta peza:




Un respiro de aire fresco. O famoso grupo sudafricano Ladysmith Black Mambazo, caracterizado pola polifonía masculina, nos presenta unha versión que nos traslada ás selvas do continente africán:



A Familia Kelly interpreta a canción nun multitudinario festival no que o público é parte do espectáculo:



Unha cantante tan actual coma Beyoncé tamén ten Swing Low entre o seu repertorio:




E pode ser unha preciosa peza para unha gala lírica, como fai nesta ocasión a famosa cantante de ópera estadounidense Katleen Battle.




Pero, quizais, os máis deportistas prefiran o Himno da Copa Mundial de Rugby que se celebrou en Inglaterra en 2003.




Cal é, pois, a túa preferida?



miércoles, 23 de febrero de 2011

O PAU DA CHOIVA



Que sabes do pau da choiva?

Aprende sobre a súa orixe de lenda neste enlace.

Constrúe o teu propio pau da choiva. Axúdate dos vídeos que tes a continuación.



martes, 15 de febrero de 2011

MARION WILLIAMS CANTA "SWING LOW"

Este curso, os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria están a aprender Swing low, swing charriot, un famoso espiritual negro.

Presentámosvos unha gravación moi antiga (mesmo se escoita o ruído do vinilo) na que canta Marion Williams, unha famosa cantante de gospel que naceu nos Estados Unidos en 1927 e morreu en 1994.



jueves, 10 de febrero de 2011

O TERCEIRO CICLO, NA ÓPERA




O pasado venres 4 de febreiro, os alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo de Primaria asistimos no Auditorio do Centro Cultural Novacaixa a un espectáculo operístico para nenos.



O espectáculo titulábase O humor na ópera, e nel se reproducían algunhas pezas de catro obras maestras da ópera bufa: Cosi fan tutte (de Mozart), Il Barbieri de Siviglia (de Rossini) e L'elisir d'amore (de Donizetti)

Aínda que este tipo de música non adoita estar entre as preferencias dos rapaces desta idade, hai que salientar o interese que suscitou e o bo comportamento que manifestaron durante o desenvolvemento do espectáculo. O segredo...? Ter traballado as pezas, previamente, na aula. 

Así, aprendimos que existen dúas persoas fundamentais na creación dunha ópera: o libretista (o encargado de redactar o texto) e o compositor (que crea unha música a partir do libreto). Tamén que as arias son pezas solísticas que buscan o lucemento do cantante; e que se o número de cantantes aumenta, as pezas llámanse dúo (se cantan dous), trío (se cantan tres) ou coro (se cantan moitos).

Chegamos á conclusión de que a ópera é a expresión artística máis completa que existe, xa que integra música (instrumental e vocal), teatro, danza, decorados, vestiario, iluminación... e, na actualidade, mesmo novas tecnoloxías. 

Rematou o concerto cunha peza moi alegre coa que comenza unha ópera moi triste: o Brinde de A Traviata, de Verdi. 

Grazas á Camerata Lírica de España por nos ofrecer este espectáculo que nos permite achegarnos tan ben a este mundo tan descoñecido.



lunes, 7 de febrero de 2011

ARROLOS DE SALITRE, UN LUXO PARA OS CATIVOS


Veño de escoitar Arrolos de salitre, unha preciosa colección de nanas para os máis cativos da casa.

Da gusto cando un disco pensado para nenos se edita coa máxima calidade e seriedade, sen "ñoñerías". Porque, aínda que sexan cativos, os bebés tamén teñen dereito a escoitar a mellor música. E diso se encargan Xabier Díaz  e Guillerme Fernández (Berrogüetto), os impulsores desta idea, para a que contan coa colaboración de varias voces emerxentes en Galicia.

Esta colección de cancións de nanas, algunhas tradicionais e outras de creación, é unha delicia, pola sinxeleza do acompañamento e a poesía dos seus textos. Estou desexando experimentala con algún cativiño que se "poña a man". Para o meu entender, un bonito xeito de fomentar o gusto.

Para rematar, recollo o desexo que aparece na carátula do disco:

O mar che sirva de cama, 
o ceo de cobertor, 
a lúa de cabeceira
para que durmas mellor. 

ANASTASIO E A GRANXA

Este é o título no novo conto que temos empregado nas aulas de Educación Infantil para traballar o timbre.

Coma os anteriores, está escrito por Huidobro e Velilla e recollido no libro Suena, suena 1.